Aristión (filósofo)
Aristión (en latín Aristio e en grego ʼΑριστίων), foi un filósofo epicúreo ou peripatético, fillo de Atenión, outro filósofo peripatético. Adquiriu, de adulto, a cidadanía ateniense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século II a. C. ![]() Atenas, Grecia ![]() |
Morte | 86 a. C. ![]() Atenas, Grecia ![]() |
Causa da morte | Intoxicación ![]() |
Actividade | |
Ocupación | filósofo, diplomático ![]() |
Período de tempo | Período helenístico ![]() |
Movemento | Epicureísmo ![]() |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Edición de 1870 do Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, (sec:Artistion) The Nuttall Encyclopædia >>>:Aristion ![]() |
Traxectoria
editarCasou novo e ensinou filosofía en Mesene e Larisa, ata que regresou a Atenas cunha gran fortuna, e alí foi nomeado embaixador ateniense na corte de Mitrídates VI Eupator do Ponto, de quen se fixo amigo e converteuse nun dos seus conselleiros. Enviado polo rei a Atenas, as súas cartas e discursos convenceron aos atenienses da posibilidade de se liberaren do xugo romano, e pronto puido proclamarse tirano, no contexto da guerra entre Mitrídates e Roma.
O seu goberno parece ser que foi cruel e Plutarco fala moi mal del. Loitou contra Nabis e contra Catilina. Enviou a Apeliconte de Teos para saquear o tesouro de Delos[1], Aristión foi cercado na cidade por Lucio Cornelio Sila no -87 mentres o xeneral Arquelao estaba no Pireo. A fame fixo estragos na cidade asediada, e dise que os asediados tiveron que comer os corpos dos seus compañeiros mortos, e finalmente a cidade foi tomada ao asalto e Sila ordenou unha matanza indiscriminada.
Aristión fixo queimar o Odeón, para que Sila non utilizase a madeira do edificio para construír máquinas de guerra, e refuxiouse na Acrópole, que Sila ocupou rapidamente. Aristión foi capturado e executado no altar de Atenea. A morte de Sila por enfermidade foi posteriormente considerada por Pausanias como un castigo por este acto contrario á lei sagrada[2].
Notas
editar- ↑ Malia que Apiano di que o tesouro xa fora saqueado polo rei Mitrídates e co botín comprara a tiranía para Aristión.
- ↑ Smith, William (ed.) (1867). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown, & Comp. pp. 297–298.