Aristeo de Crotona
matemático grego
Aristeo de Crotona (latín Aristaeus, grego antigo Αρισται̂ος, 'Aristaios') fillo de Damofonte, foi un matemático grego do século -IV. Probabelmente foi contemporáneo de Euclides.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (grc) Ἀρισταῖος c. 370 a. C. Grecia Antiga |
Morte | c. 300 a. C. (69/70 anos) |
Actividade | |
Campo de traballo | Sección cónica |
Ocupación | matemático |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Encyclopedic Lexicon (en) Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Traxectoria
editarNon se sabe nada da súa vida, agás o que di del o matemático Pappos de Alexandría. Escribiu cinco libros sobre Os sitios sólidos onde formulou teorías sobre os cinco sólidos regulares e sobre as curvas cónicas. Influíu en Euclides, pero a súa obra era máis relevante e orixinal. A súa obra é coñecida polas referencias de Euclides e Pappos, así como do matemático Hipsicles. Como se descoñece o contido das súas obras, toda a orixinalidade do estudo sobre cónicas reside en Apolonio de Perge[1].
Notas
editar- ↑ Chasles, Michel (1875). Aperçu historique sur l'origine et le developpement des méthodes en géometrie. París: Gauthier-Villars. p. 7.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. «Aristeu de Crotona» (en inglés). MacTutor History of Mathematics archive. School of Mathematics and Statistics, University of St Andrews, Scotland. (en inglés)