Argulus

Argulus
Argulus foliaceus 2.jpg
Argulus foliaceus.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Maxillopoda
Subclase: Branchiura
Orde: Arguloida
Familia: Argulidae
Xénero: Argulus
Müller, 1785
Especie tipo
'Argulus charon Müller, 1785 (Argulus foliaceus)
(Linnaeus, 1758)
Especies
(ver texto)
Sinonimia
  • Agenor Risso, 1827
  • Diprosia Rafinesque, 1814
  • Huargulus Yü, 1938
  • Ozolus Latreille, 1802

Argulus é un xénero de crustáceos maxilópodos branquiúros da familia dos argúlidos (Argulidae). Os seus membros coñécense como argulos, papulos ou piollos dos peixes.[1] A causa dos seus hábitos alimenticios especializados no parasitismo de peixes, presentan unha elevada importancia económica na produción piscícola.[2]

TaxonomíaEditar

Este xénero foi descrito orixinalmente no ano 1785 polo naturalista danés Müller.[3]

HábitosEditar

 
Argulus parasitando un peixe.

Estes crustáceos acuáticos de desenvolvemento directo atópanse por todo o mundo, tanto no mar como en auga doce.[4] Aínda que tamén se observou parasitando especies de ras e salamántigas,[5] maiormente son ectoparasitos de peixes dunha enorme variedade de especies. Cando chega a unha vítima, introdúcelle o seu estilete bucal, polo cal inxecta encimas dixestivas que licuifican o tecido, para logo alimentarse da papa resultante, absorbéndoa.[6]

O peixe afectado incrementa a súa secreción de mucus, desenvolvendo na pel lesións ulcerosas e reaccións inflamatorias; en casos onde o cadro se agrava, chéganse a comprometer as capas máis profundas da derme. Normalmente o peixe presenta unha sintomatoloxía característica, consistente en alteracións na conduta, progresiva anemia, perda de peso e unha coloración máis escura, isto último prodúcese como resultado dunha modificación do padrón de coloración normal ao verse alterados os cromatóforos pola acción das toxinas dos estiletes.[7][8] O dano no hospedador adoita agravarse xa que, como resultado da súa actividade, xérase unha físgoa por onde penetran axentes patóxenos, producindo infeccións fúnxicas e bacteriais, sumado a que o peixe sofre un proceso de inmunodepresión (tensión). Ataca tanto peixes en liberdade en ambientes naturais como os confinados en establecementos de piscicultura[9] e até peixes en acuarios domésticos.[10] A doenza que contraen os peixes denomínase argulose.

SubdivisiónEditar

Este xénero componse das seguintes especies:

NotasEditar

  1. A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave
  2. Meehan, O. L. (1940). A review of the parasitic Crustacea of the genus Argulus in the collections of the United States National Museum. Proceedings of the United States National Museum.
  3. Müller, O. F. (1785). Entomostraca seu Insecta Testacea, quae in aquis Daniae et Norvegiae reperit, descripsit et iconibus illustravit. 135 pp.
  4. Weibezahn, F. H., & Cobo, T. (1964). Seis argúlidos (Crustacea: Branchiura) parásitos de peces dulceacuícolas en Venezuela, con descripción de una nueva especie del género Argulus. Acta Biológica Venezuélica, 4(2), 119-144.
  5. Kennedy, C. R. (1974). A checklist of British and Irish freshwater fish parasites with notes on their distribution. Journal of fish Biology, 6(5), 613-644.
  6. Walker, P. D., Flik, G., & Bonga, S. E. W. (2004). The biology of parasites from the genus Argulus and a review of the interactions with its host. In Host-parasite interactions (pp. 107-128). Taylor & Francis.
  7. Nicolás García Romero. (2016).Alteraciones patológicas del pejerrey (Odontesthes bonariensis c.) en ambientes naturales y bajo condiciones de cultivo. Revisión. en: Grosman F. “Fundamentos biológicos, económicos y sociales para una correcta gestión del recurso pejerrey”, Capítulo X. Revista AquaTIC.
  8. Hoffman, G. L. (1977). Argulus, a branchiuran parasite of freshwater fishes.
  9. Shimura, S. (1983). Seasonal occurrence, sex ratio and site preference of Argulus coregoni Thorell (Crustacea: Branchiura) parasitic on cultured freshwater salmonids in Japan. Parasitology, 86(3), 537-552.
  10. Yildiz, K., and Kumantas, A. (2002). Argulus foliaceus infection in a goldfish (Carassius auratus). Isr J Vet Med, 57(3), 118-120.

Véxase taménEditar