Ardem Patapoutian
Arden Patapoutian, en armenio: Արտեմ Փաթափութեան, nado en 1967 é un biólogo molecular e neurocientífico libanés - estadounidense de orixe armenia.
Ardem Patapoutian | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 2 de outubro de 1967 |
Lugar | Beirut |
Nacionalidade | Estados Unidos de América e Líbano |
Actividade | |
Campo | biólogo molecular e neurocientífico |
Alma máter | Universidade Americana de Beirute, Universidade de California, Os Ánxeles, Instituto Tecnolóxico de California e sen etiquetar |
Premios | Prêmio Rosenstiel, Prêmio W. Alden Spencer, Kavli Prize in Neuroscience, Prêmios Fundação BBVA Fronteiras do Conhecimento, Premio Nobel en Fisioloxía ou Medicina e Fellow of the AAAS |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Carreira profesional editar
Estudou Química na Universidade Americana de Beirut cunha bolsa da Fundación Calouste Gulbenkian.[1]
Patapoutian investiga a transdución de sinais a partir de sensores. Fixo contribucións significativas á identificación de novas canles iónicas e receptores que se activan pola temperatura, as forzas mecánicas ou o aumento do volume celular. Patapoutian e os seus colaboradores puideron demostrar que estas canles iónicas xogan un papel importante na sensación de temperatura, na sensación de tacto, na propiocepción, na sensación de dor e na regulación do ton vascular. Traballos máis recentes utilizan técnicas de xenómica funcional para identificar e caracterizar canles iónicos mecanosensíbeis (mecanotransdución).
Premios e honras editar
Recibiu o premio W. Alden Spencer 2017 e o premio Rosenstiel 2019. En 2020 foi galardoado, xunto con David Julius, co Premio Kavli[2] e os Premios da Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento.[3]
En 2021 foi galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina xunto con David Julius[4] polas súas investigacións sobre o sistema somatosensorial, a saber, os receptores da temperatura e do tacto.
Conceptos editar
- As proteínas LRRC8 forman canles aniónicas dependentes de volume que detectan a forza iónica.[5]
- Piezo2 é o principal transdutor de forza mecánica para a sensación táctil en ratos.[6]
- SWELL1, unha proteína da membrana plasmática, é un compoñente esencial da canle anión regulada por volume.
- Piezo2 é necesario para a mecanotransdución das células de Merkel.
- Os piezos son subunidades formadoras de poros de canles activadas mecanicamente.
- O papel da Drosophila Piezo na nocicepción mecánica.
- Piezo1 e Piezo2 son compoñentes esenciais de distintas canles catiónicas activadas mecanicamente.
Publicacións seleccionadas editar
PIEZO1 + PIEZO2 editar
- "Piezo1 and Piezo2 Are Essential Components of Distinct Mechanically Activated Cation Channels". Science 330 (6000): 55–60. 2-9-2010. Bibcode:2010Sci...330...55C. ISSN 0036-8075. PMC 3062430. PMID 20813920. doi:10.1126/science.1193270.
- "Piezo proteins are pore-forming subunits of mechanically activated channels". Nature 483 (7388): 176–181. 19-2-2012. Bibcode:2012Natur.483..176C. ISSN 0028-0836. PMC 3297710. PMID 22343900. doi:10.1038/nature10812.
- "The role of Drosophila Piezo in mechanical nociception". Nature 483 (7388): 209–212. 19-2-2012. Bibcode:2012Natur.483..209K. ISSN 0028-0836. PMC 3297676. PMID 22343891. doi:10.1038/nature10801.
PIEZO 2 editar
- "Piezo2 is the major transducer of mechanical forces for touch sensation in mice". Nature (en inglés) 516 (7529): 121–125. 12-2014. Bibcode:2014Natur.516..121R. ISSN 1476-4687. PMC 4380172. PMID 25471886. doi:10.1038/nature13980.
- "Piezo2 is required for Merkel-cell mechanotransduction". Nature 509 (7502): 622–626. 6-4-2014. Bibcode:2014Natur.509..622W. ISSN 0028-0836. PMC 4039622. PMID 24717433. doi:10.1038/nature13251.
Notas editar
- ↑ "Nobel da Medicina foi bolseiro Gulbenkian" (en portugués). 2021. Consultado o 30-11-2021.
- ↑ 2020 Kavli Prize in Neuroscience www.kavliprize.org. Acesso em 27-5-2020.
- ↑ "Find out about the BBVA Foundation Frontiers of Knowledge Award.". Premios Fronteras (en inglés). Consultado o 2022-12-26.
- ↑ "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 2021" (en inglés).
- ↑ Syeda, Ruhma; Qiu, Zhaozhu; Dubin, Adrienne E.; Murthy, Swetha E.; Florendo, Maria N.; Mason, Daniel E.; Mathur, Jayanti; Cahalan, Stuart M.; Peters, Eric C. (2016-01-28). "LRRC8 Proteins Form Volume-Regulated Anion Channels that Sense Ionic Strength". Cell (en English) 164 (3): 499–511. ISSN 0092-8674. PMC 4733249. PMID 26824658. doi:10.1016/j.cell.2015.12.031.
- ↑ Ranade, Sanjeev S.; Woo, Seung-Hyun; Dubin, Adrienne E.; Moshourab, Rabih A.; Wetzel, Christiane; Petrus, Matt; Mathur, Jayanti; Bégay, Valérie; Coste, Bertrand (2014-12). "Piezo2 is the major transducer of mechanical forces for touch sensation in mice". Nature (en inglés) 516 (7529): 121–125. ISSN 1476-4687. PMC 4380172. PMID 25471886. doi:10.1038/nature13980.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ardem Patapoutian |
Outros artigos editar
----
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |