Arch Rivals é un videoxogo de baloncesto publicado por Midway en 1989. Lanzado por Midway como "A Basket Brawl", o xogo consiste nun dous contra dous no que é posible dar puñadas ós rivais para roubarlles o balón.

Arch Rivals
Desenvolvedor(es)Midway
Distribuidora(s)Midway
Acclaim
Deseñador(es)Jeff Nauman
Brian Colin
Artista(s)Brian Colin
Compositor(es)Dan Forden
Lanzamento1989
XéneroDesporte
Modos de xogoUn e dous xogadores
Plataforma(s)Arcade, NES, Sega Mega Drive/Genesis, Game Gear, PlayStation 2, Xbox, GameCube, PC
editar datos en Wikidata ]

Arch Rivals permite ós xogadores escoller entre varios equipos de baloncesto ficticios e xogadores estrela. Unha das personaxes seleccionables, "Tyrone" tamén apareceu en segmentos de Power Team na serie de televisión Video Power.[1] Foron publicadas diferentes versións do xogo para Nintendo Entertainment System, Sega Genesis/Mega Drive así como para Game Gear. Versións de emulador do xogo foron incluídas nos recompilatorios Midway Arcade Treasures 2, Midway Arcade Treasures Deluxe Edition e Midway Arcade Origins.

Notas editar

  1. "NEW VIDEO SHOW BLENDS LIVE ACTION AND ANIMATED CAST". Sun Sentinel - Fort Lauderdale. 17 de xuño de 1990.