Arbitraxe de fútbol en Galicia

A arbitraxe de fútbol en Galicia é dirixida polo Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol, subordinado ao mesmo tempo pola Real Federación Galega de Fútbol e polo Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Española de Fútbol. É o encargado da organización, goberno, funcionamento, administración e representación do estamento arbitral galego. A Organización Arbitral Galega está constituída por tódolos árbitros e árbitras titulados que formalizaron a súa colexiación e, ademais, por aquelas persoas que se integren nela para desenvolver funcións directivas, técnicas, administrativas e de asesoramento.

Árbitro, capitáns e xuíces de liña no SD Sofán - SDC Residencia, Preferente Galicia 2022/23.

Categorías arbitrais editar

Son categorías arbitrais cuxas competencias corresponden ao Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol:

  • Árbitros Asistentes de Terceira División-Preferente Galicia; actuarán prioritariamente como árbitro asistente nº1 nestas categorías e en Xuvenís División de Honra ou Nacional. Tamén poderán dirixir encontros de fútbol afeccionado e base, dependendo das necesidades.
  • Preferente Galicia, integrada polos árbitros e árbitras que dirixirán principalmente os encontros desta categoría.
  • Primeira Galicia, integrada polos árbitros e árbitras que dirixirán principalmente os encontros desta categoría.
  • Segunda Galicia, integrada polos árbitros e árbitras que dirixirán principalmente os encontros desta categoría.
  • Terceira Galicia, integrada polos árbitros e árbitras que dirixirán principalmente os encontros desta categoría.
  • Auxiliares, integrada polos membros de novo ingreso na organización arbitral e que dirixirán principalmente encontros de xuvenís, cadetes, infantís, alevíns e benxamíns.
  • Fútbol base, á que poderán acceder aquelas persoas que, superada a idade regulamentaria en cada unha das categorías arbitrais, cumpran as seguintes condicións:
  1. Non sufrir sanción disciplinaria algunha.
  2. Superar as probas físicas e técnicas que se establezan.
  • Fútbol Veterano, integrada polos árbitros que dirixirán prioritariamente esta categoría.
  • Especialidades, árbitros coa titulación pertinente para cada especialidade.

Representación arbitral editar

A representación arbitral do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol estará integrada por un representante de cada unha das categorías de ámbito autonómico, é dicir, Preferente Galicia, Primeira Galicia, Segunda Galicia e Terceira Galicia. Estes representantes serán elixidos en cada unha das distintas delegacións territoriais.

Son funcións específicas de ditos representantes dar traslado, por conduto dos seus respectivos delegados, das distintas cuestións, suxestións e problemas afíns á organización arbitral nas súas respectivas categorías.

As eleccións da representación arbitral convocaranse no mes de setembro de cada ano, en todas e cada unha das delegacións territoriais.

Os representantes arbitrais actuarán por un período correspondente á tempada da que se trate.

Delegacións territoriais editar

Dentro do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol distínguense sete delegacións territoriais:

  • Delegación da Coruña
  • Delegación de Ferrol
  • Delegación de Santiago
  • Delegación de Lugo
  • Delegación de Ourense
  • Delegación de Pontevedra
  • Delegación de Vigo

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar