Araki Murashige
Araki Murashige (荒木 村 重), nado en 1535 e finado o 20 de xuño de 1586 foi un samurai do período Sengoku.
Araki Murashige | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1535 |
Lugar de nacemento | Ikeda |
Falecemento | 20 de xuño de 1586 |
Lugar de falecemento | Sakai |
Nacionalidade | Xapón |
Ocupación | Samurai |
Pai | sen etiquetar e sen etiquetar |
Cónxuxe | sen etiquetar e sen etiquetar |
Fillos | sen etiquetar, Iwasa Matabei e sen etiquetar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Murashige era vasalo de Oda Nobunaga e daimiô do castelo de Itami. Comandaba unha parte das forzas de Nobunaga durante o sitio de Ishiyama Hongan-ji mais en 1578 Akechi Mitsuhide acusouno de simpatías co clan Mōri, inimigo de Nobunaga. Refuxiado no castelo de Itami resistiu durante un ano o sitio que estableceron as forzas de Nobunaga e tras caer o castelo fuxiu.
LendaEditar
Existe a lenda que tras ser acusado de traizón o seu señor Nobunaga mandouno chamar; presentouse onde el estaba e como era costume fixo a reverencia cerimonial na entrada pero intuíu o plan de Nobunaga de romperlle o pescozo nese momento, pechando os gardas a fusuma (paneis), e colocou o tessen (abano de ferro) na fenda para impedir o peche. Araki actuou como se nada acontecera e Nobunaga perdonoulle a vida reconciliándose con el[1].
NotasEditar
- ↑ Ratti, Oscar (1991) Secrets of the Samurai; A Survey of the Martial Arts of Feudal Japan. Tuttle Publishing, p. 302