Arabidopsis arenosa

especie de planta

Arabidopsis arenosa é unha especie de plantas do xénero Arabidopsis (antes no xénero Cardaminopsis) que vive principalmente en Centroeuropa.[1] Constitúe un complexo de especies con diferentes ploidías, que xeralmente se trata como unha soa especie con dúas subespecies que solapan en parte das súas áreas de distribución en Centroeuropa. A subespecie principal é a arenosa, que é tetraploide (2n = 16/32) e de flores brancas, que tamén vive no norte de Europa e está adaptada a solos silíceos e areentos. A outra subespecie é a borbasii (Zapał.) O'Kane & Al-Shehbaz (2n = 32), de flores lilas, adaptada a chans calcarios, que viven en Centroeuropa e Cárpatos.[2][3]

A. arenosa hibridouse de forma natural con Arabidopsis thaliana creando a especie alopoliploide Arabidopsis suecica. Esta última ten unha dotación de 26 cromosomas, dos cales 16 proceden da A. arenosa tetraploide.[4]

Notas editar

  1. "Arabidopsis arenosa (L.) Lawalrée". The Plant List. Consultado o 16 de xullo de 2016. 
  2. Roswitha Schmickl, Juraj Paule, Johannes Klein, Karol Marhold, Marcus A. Koch. The Evolutionary History of the Arabidopsis arenosa Complex: Diverse Tetraploids Mask the Western Carpathian Center of Species and Genetic Diversity. PLOS ONE Publicado: 3 de agosto, 2012 [1]
  3. FloreAlpes - Comparación entre as subespecies arenosa e borbasii.
  4. "The polyploidy portal". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2016. Consultado o 16 de xullo de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar