Acuíficas
Acuíficas | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Familias | |||||||||
|
As acuíficas ou Aquificae son un filo de bacterias, que comprende un conxunto diverso de bacterias que viven en ambientes con condicións extremas.[1][2] Atopáronse en fontes termais, pozas sulfurosas, e chemineas hidrotermais oceánicas. Membros do xénero Aquifex, por exemplo, prosperan en augas que están entre 85 e 95 °C. Son os membros dominantes na maioría das fontes termais terrestres neutras ou alcalinas por riba dos 60 graos Celsius. Son autótrofas, e son os principais fixadores de carbono nos ambientes onde viven.
Taxonomía
editarNon hai un consenso sobre a taxonomía dos xéneros incluídos en Aquificae. Un texto estándar inclúe só os xéneros Aquifex, Calderobacterium, Hydrogenobacter, e Thermocrinis na orde Aquificales.[3] Outras fontes consideran que, ademais dos xéneros incluídos nas familias Aquificaceae e Hydrogenothermaceae, hai outros xéneros que son incertae sedis (non clasificados), pero están situados dentro de Aquificae; ditos xéneros son: Balnearium, Desulfurobacterium, EX-H1 group, e Thermovibrio.
Cavalier-Smith postulou que Aquificae forma parte das Proteobacteria.[4]
Xunto coas Thermotogae, varias especies de Aquificae son eubacterias termófilas, e algúns estudos moleculares consideran que son grupo próximos.[2]
Filoxenia
editar- Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.
O cladograma representa a taxonomía aceptada do grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [5] e nos datos do NCBI (National Center for Biotechnology Information) [6] e a filoxenia está baseada en datos das secuencias dos ARNr 16S do LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree Project.[7] [8]
Nota:
♠ Cepas atopadas no NCBI pero non na LPSN.
Notas
editar- ↑ Griffiths E, Gupta RS (2006). "Molecular signatures in protein sequences that are characteristics of the phylum Aquificae". Int. J. Syst. Evol. Microbiol. 56 (Pt 1): 99–107. PMID 16403873. doi:10.1099/ijs.0.63927-0. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2018. Consultado o 05 de xullo de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 Horiike T, Miyata D, Hamada K; et al. (2009). "Phylogenetic construction of 17 bacterial phyla by new method and carefully selected orthologs". Gene 429 (1–2): 59–64. PMC 2648810. PMID 19000750. doi:10.1016/j.gene.2008.10.006.
- ↑ Griffiths E, Gupta RS (2004). "Signature sequences in diverse proteins provide evidence for the late divergence of the Order Aquificales" (PDF). Int. Microbiol. 7 (1): 41–52. PMID 15179606. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de abril de 2012. Consultado o 05 de xullo de 2012.
- ↑ Catalogue of Organisms: Standing the Heat
- ↑ J.P. Euzéby. "Aquificae". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN). Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 5 xullo 2012.
- ↑ Sayers; et al. "Aquificae". National Center for Biotechnology Information (NCBI) taxonomy database. Consultado o 5 xullo 2012.
- ↑ All-Species Living Tree Project."16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)" (PDF). Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de maio de 2012. Consultado o 5 xullo 2012.
- ↑ Ludwig, W., Euzéby, J., & Whitman W.B. (2008). "Bergey's Taxonomic Outlines: Volume 4 - Draft Taxonomic Outline of the Bacteroidetes, Planctomycetes, Chlamydiae, Spirochaetes, Fibrobacteres, Fusobacteria, Acidobacteria, Verrucomicrobia, Dictyoglomi, and Gemmatimonadetes" (PDF). Bergey's Manual Trust: 15. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2016. Consultado o 05 de xullo de 2012.