AprizeSat, coñecidos en primeiro lugar como LatinSat, é unha constelación de satélites de comunicacións en órbita baixa terrestre planificada para proporcionar un sistema de transmisión global e ofrecer servizos de monitorización e seguimento.[1][2]

Características editar

Cada satélite ten unha masa duns 12 kg e usa a técnica de almacenamento e descarga pola que unha estación envía datos ao satélite, que os almacena para despois envialos a outra estación durante o seu traxecto orbital. Teñen forma de cubo e a alimentación eléctrica é proporcionada por células solares que cubren algunhas das súas caras.[1][2]

AprizeSat 3 a 10 levaban a bordo un receptor AIS (Automatic Identification System, Sistema de Identificación Automático) para recoller a posición de buques no mar. AprizeSat 3 e 4 son agora propiedade de e operados por SpaceQuest para COM DEV/exactEarth, mentres que AprizeSat 5, 6 e 7 foron transferidos a exactEarth despois dun período de 90 días de probas e son coñecidos agora como exactView 5, 6 e 5R. AprizeSat 8 é propiedade de SpaceQuest pero pode ser transferido a exactEarth no futuro. Tódolos AprizeSat en órbita foron lanzados mediante foguetes Dnepr.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
LatinSat A 20 de decembro de 2002 Dnepr Éxito
LatinSat B 20 de decembro de 2002 Dnepr Éxito
AprizeSat 1 29 de xuño de 2004 Dnepr Éxito
AprizeSat 2 29 de xuño de 2004 Dnepr Éxito
AprizeSat 3 29 de xullo de 2009 Dnepr Éxito
AprizeSat 4 29 de xullo de 2009 Dnepr Éxito
AprizeSat 5 17 de agosto de 2011 Dnepr Éxito
AprizeSat 6 17 de agosto de 2011 Dnepr Éxito
AprizeSat 7 21 de novembro de 2013 Dnepr Éxito
AprizeSat 8 21 de novembro de 2013 Dnepr Éxito
AprizeSat 9 19 de xuño de 2014 Dnepr Éxito
AprizeSat 10 19 de xuño de 2014 Dnepr Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2022). "AprizeSat" (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "LatinSat A, B, C, D / AprizeSat 1, ..., 10 / exactView 3, 4, 5, 5R, 6, 11, 12, 13" (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar