Appaloosa

raza de cabllo

O appaloosa é unha raza de cabalo que se caracteriza pola súa pelaxe con manchas de cores, chamada leopardo. Existe unha gran variedade de tipos de corpos dentro da raza, que derivan da influencia de varias razas de cabalo ó longo da súa historia. Cada patrón na pelaxe do cabalo é o resultado xenético de varios patróns superpostos sobre unha das varias capas base recoñecidas. A cor en patróns dos appaloosa é de especial interese para o estudo da xenética na cor da pelaxe dos cabalos.

Cabalo appaloosa.

Criada segundo as normas dunha asociación fundada en Idaho, nos Estados Unidos, no ano 1938: Appaloosa Horse Club. Esta asociación quería preservar os cabalos do pobo nez perce case extintos. Hai outras razas de cabalos con esta pelaxe "appaloosa". Nalgúns casos coa cor exclusiva e noutros coa pelaxe ocasional ou frecuente a carón doutras cores. O AraAppaloosa é a raza que xurdiu do cruzamento do cabalo árabe co cabalo appaloosa.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.