Apolonia del Santísimo Sacramento

Apolonia Lizárraga y Ochoa de Zabalegui, nada en Lezaun o 18 de abril de 1867 e finada en Barcelona o 8 de setembro de 1936, máis coñecida polo seu nome relixioso Apolonia del Santísimo Sacramento, foi unha relixiosa Carmelita da Caridade española, superiora xeral en cargo da súa congregación, cando estalou a Guerra Civil española, na que morreu mártir pola súa fe.[1] Foi beatificada polo papa Bieito XVI o 28 de outubro de 2007.[2]

Modelo:BiografíaApolonia del Santísimo Sacramento
Biografía
Nacemento18 de abril de 1867 Editar o valor en Wikidata
Lezaun (Restauración borbónica en España) Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Barcelona (Segunda República Española) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemartirio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBarcelona Editar o valor en Wikidata
Abadesa Irmás Carmelitas da Caridade
1888 – 1936 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrelixiosa católica Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaIrmás Carmelitas da Caridade Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa8 de setembro Editar o valor en Wikidata

BNE: XX873531 Find a Grave: 194355886 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Apolonia Lizárraga naceu na poboación de Lezaun, que por entón pertencía ao concello de Deierri, en Navarra. Ingresou no noviciado das Carmelitas da Caridade de Vedruna en Vitoria, o 16 de xullo de 1886 e emitiu os seus primeiros votos o 17 de xullo de 1888, desde entón coñecéuselle co nome o de Apolonia del Santísimo Sacramento.[2]

Exerceu diversos cargos na súa congregación, desde profesora nos colexios de Trujillo (Cáceres) e Villafranca de los Barros (Badaxoz), até superiora da comunidade de Sevilla e reitora do colexio de Vich. Finalmente foi elixida superiora xeral do instituto en 1925, cargo que ocupou até 1936, ano no que sufriu o martirio.[2] Como superiora xeral preocupouse pola expansión do instituto, chegando a fundar as casas de Buenos Aires na Arxentina; Vigo, León, Murcia e Alcoi en España; e outras catro en Francia.[3]

Cando comezou a guerra en 1936, Apolonia adicouse a buscar refuxio para as relixiosas da súa congregación, co fin de salvarlles a vida, especialmente ás novizas e ás enfermas. Ela mesma escondeuse en casas de diversas amigas. En setembro dese mesmo ano foi detida e encarcerada na checa de San Elías (Barcelona).[2] A tarde do 8 de setembro a relixiosa, segundo algunhas testemuñas que estiveron con ela detidos na checa, foi serrada e descortizada e os seus restos foron botados como cebo para os porcos. Ao parecer ese era o destino de moitos dos detidos da checa de San Elías.[4]

Foi beatificada polo papa Bieito XVI o 28 de outubro de 2007, na cerimonia presidida por el mesmo, na praza de San Pedro da Cidade do Vaticano. En devandita celebración o pontífice subiu aos altares uns 498 mártires da Guerra Civil Española do século XX.[2]

A actual checa de San Elías, hoxe é unha cripta da parroquia Santa Inés. Nela mantense o recordo dos mártires da Guerra que aí estiveron, entre eles Apolonia. A súa festa celébrase o 6 de novembro.[5]

  1. López Teulón, José. "Tarde del 8 de septiembre, en la checa de San Elías de Barcelona". Religión en libertad. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 González Rodríguez 2007, p. 42.
  3. "8 de setembro de 1936" (PDF). www.hispaniamartyr.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2016. 
  4. Montero 1961, p. 161.
  5. López, María Concepción. "Beata Apollonia del Santissimo Sacramento (Lizarraga Ochoa de Zabalegui) Vergine e martire". Santi e beati (en italiano). Consultado o 13 de marzo de 2016. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • González Rodríguez, María Encarnación (2007). Beatificación de 498 mártires del siglo XX en España. Roma, 28 de octubre de 2007. Madrid: Edice. ISBN 978-84-7141-635-3. 
  • Montero, Antonio (1961). Historia de la persecución religiosa en España, 1936-1939. Madrid: BAC.