Teatro Apollo

sala de música de Nova York
(Redirección desde «Apollo Theatre»)

Coordenadas: 40°48′36″N 73°57′00″O / 40.809932, -73.950113

O Apollo Theater (Apollo Theatre) da rúa West 125th, entre Adam Clayton Powell Jr. Boulevard e Frederick Douglass Boulevard no barrio de Harlem en Manhattan, Nova York[1] é unha sala de música que é coñecida polos seus artista afroamericanos. Foi o fogar do Showtime at the Apollo, un programa de televisión, emitido entre 1987 e 2008, que amosaba novos talentos. Tivo 1093 episodios.

Teatro Apollo
Teatro Apollo
Nova York
Teatro Apollo
Localización do Teatro Apollo
Enderezo253 West 125th Street
Manhattan
CidadeNova York
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
Arquitecto/sGeorge Keister
Propiedade deApollo Theater Foundation
Capacidade1506
Inauguración1913-14
EstiloNeoclasicismo
Páxina webwww.apollotheater.org

O teatro, que ten unha capacidade de 1506 persoas, foi construído entre 1913-14 como Hurtig & Seamon's New Burlesque Theater, e foi deseñado por George Keister nun estilo neoclásico. Converteuse no Apollo en 1934, cando foi aberto tamén ó público afroamericano, xa que anteriormente só permitía o acceso a brancos.[1] En 1983, tanto o interior coma o exterior do edificio foron designados Patrimonio de Nova York, e foi engadido ó Rexistro Nacional de Lugares Históricos. Estímase que 1,3 millóns de persoas visitan o Apollo cada ano.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 aia5, pp.528-29

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar