Apogónidos

familia de peixes
(Redirección desde «Apogonidae»)

Os Apogónidos (Apogonidae) son unha familia de peixes mariños e de augas salobres, incluída na orde dos Perciformes. Salvo excepcións son preferentemente tropicais.

Apogon leptacanthus

Características editar

Son peixes de pequeno tamaño, que non adoitan superar os 10 cm de lonxitude. Liña lateral completa. Escamas normalmente ctneoideas, pero nalgúns casos cicloides, adoito caedizas. Cabeza grande e uns ollos moi grandes. Boca oblicua e premaxilar protráctil. Opérculo debilmente espiñoso.

Escalas usualmente ctenoides; varios grupos con escamas cicloides (ausente en Gymnapogon).

Teñen dúas aletas dorsais da mesma lonxitude pero a primeira é máis baixa que a segunda; a primeira con 6-8 espiñas e a segunda cunha espiña e 8-14 radios brandos. Anal curta, con 8-18 radios brandos.

En tódolos apogónidos os machos incuban as crías dentro da boca. Case tódalas especies son de hábitos nocturnos. Aliméntanse de zooplancto e pequenos invertebrados bentónicos.

Clasificación editar

Divídense en dúas subfamilias, con 24 xéneros e 337 especies:

  • Subfamilia Apogoninae:
    • Xénero Apogon (Lacépède, 1801)
    • Xénero Apogonichthys (Bleeker, 1854)
    • Xénero Archamia (Gill, 1863)
    • Xénero Astrapogon (Fowler, 1907)
    • Xénero Cercamia (Randall e Smith, 1988)
    • Xénero Cheilodipterus (Lacépède, 1801)
    • Xénero Coranthus (Smith, 1961)
    • Xénero Foa (Jordan e Evermann en Jordan e Seale, 1905)
    • Xénero Fowleria (Jordan e Evermann, 1903)
    • Xénero Glossamia (Gill, 1863)
    • Xénero Holapogon (Fraser, 1973)
    • Xénero Lachneratus (Fraser e Struhsaker, 1991)
    • Xénero Mionorus
    • Xénero Neamia (Smith e Radcliffe en Radcliffe, 1912)
    • Xénero Phaeoptyx (Fraser e Robins, 1970)
    • Xénero Pterapogon (Koumans, 1933)
    • Xénero Rhabdamia (Weber, 1909)
    • Xénero Siphamia (Weber, 1909)
    • Xénero Sphaeramia (Fowler e Bean, 1930)
    • Xénero Vincentia (Castelnau, 1872)
    • Xénero Zoramia
  • Subfamilia Pseudaminae:
    • Xénero Gymnapogon (Regan, 1905)
    • Xénero Paxton (Baldwin e Johnson, 1999)
    • Xénero Pseudamia (Bleeker, 1865)
    • Xénero Pseudamiops (Smith, 1954)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar