Apicoplasto
Un apicoplasto é un orgánulo derivado dun plasto con función non fotosintética, que se encontra en moitos protistas Apicomplexa, entre os que está o parasito da malaria Plasmodium falciparum, pero non noutros como Cryptosporidium. A presenza dun plasto nestes organismos heterótrofos e parasitos é estraña, e, aínda que a orixe do orgánulo non está de todo clara,[1] pénsase que se orixinaron por medio dunha antiga endosimbiose secundaria nos devanceiros destes protistas.[2][3] O apicoplasto está rodeado de catro membranas, o que apoia a súa orixe a partir dunha endosimbiose secundaria[4]. Como entre os organismos con apicoplastos está o plasmodio da malaria están facéndose algunhas investigacións para tratar de buscar drogas que alteren o funcionamento deste orgánulo, que parece ser vital para o parasito. Por exemplo, certos herbicidas parecen alterar os apicoplastos sen afectaren aos mamíferos.[4][5]
Descrición
editarOs apicoplastos son ovoides, pequenos (0,15-1,5 μm) e só hai un por célula.[4] Atópase situado preto do núcleo e en estreita asociación cunha mitocondria. Está rodeado por catro membranas [4]. No interior teñen ADN circular de 35 kb que codifica 30 proteínas, e ARNts. Contén unhas partículas que se cre son ribosomas bacterianos,[5] e uns túbulos internos que lembran a tilacoides.[4].
Función
editarOs antigos plastos incorporados por endosimbiose dexeneraron e perderon a súa función fotosintética, converténdose en apicoplastos, pero as súas funcións actuais na célula non están claras. Sábese que o orgánulo é vital para a supervivencia do parasito.[4] Porén, a destrución do orgánulo non causa a morte inmediata do parasito, pero impídelle poder invadir novas células hóspedes. Isto suxire que podería intervir no metabolismo de lípidos. Se o parasito non pode sintetizar suficientes ácidos graxos tampouco pode formar o vacúolo chamado parasitóforo, que é imprescindible para poder invadir as células hóspedes. De feito, neles foi atopada unha ácido graxo sintetase tipo II.[5]
Tamén se ten suxerido que poderían intervir na síntese do grupo hemo [5] e na de aminoácidos e no desenvolvemento celular, pero con menor base experimental.[4]
Notas
editar- ↑ Waller R.Waller, R. (2003). "A Green Algal Apicoplast Ancestor".
- ↑ Margulis L.Margulis, L. (1981). "Symbiosis in cell evolution".
- ↑ McFadden GI (2001). "Primary and secondary endosymbiosis and the origin of plastids". J Phycology 37 (6): 951–9. doi:10.1046/j.1529-8817.2001.01126.x.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Maréchal, E.; et al. (2001). "The Apicoplast: a new member of the plastid family" (PDF). Biology of the Cell 6 (5): 200–205. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de maio de 2020. Consultado o 24 de abril de 2020.
|archiveurl=
e|urlarquivo=
redundantes (Axuda);|archivedate=
e|dataarquivo=
redundantes (Axuda);|deadurl=
e|urlmorta=
redundantes (Axuda);|accessdate=
e|data-acceso=
redundantes (Axuda) - ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Ralph, S.; et al. (2001). "The apicoplast as an antimalarial drug target". Drug Resistance Updates 4 (3): 145–151. PMID 11768328. doi:10.1054/drup.2001.0205.
Véxase tamén
editar- Plasto
- Endosimbiose
- FNR (encima de orixe vexetal contido nos apicoplastos)