Apertura Bongcloud
- Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
A apertura Bongcloud, tamén chamada ataque Bongcloud, ou simplemente Bongcloud é unha apertura de xadrez irregular. Popularizada polo gran mestre (GM) estadounidense Hikaru Nakamura. É considerada unha apertura irónica e sen sentido asociada á cultura do meme. Naceu no contexto da retransmisión de xadrez por redes sociais, Twitch e TikTok, aínda que xa se ten empregado en competicións profesionais desde entón. O ataque Bongcloud pode ter unha vantaxe psicolóxica ou de desconcerto, ao desprezar o adversario perdendo a apertura, mais como estilo competitivo de xadrez é desaconsellábel.[1] Acontece despois das seguintes xogadas (en notación alxébrica):
Comentarios das primeiras xogadas:
Significado do nome editarA apertura do bongcloud deriva o seu nome do bong (un dispositivo utilizado para facilitar o consumo de cánnabis) e a palabra cloud ("nube" en inglés), o que implica que a apertura é unha consecuencia do pensamento nubro característico de alguén baixo a influencia do cánnabis.
Uso en competición editarO 15 de marzo de 2021, Magnus Carlsen, xogando con brancas, empregouna nunha partida contra Nakamura no Magnus Carlsen Invitational, torneo patrocinado por Mark Zuckerberg. Nakamura respondeu con Re7, o que levou a unha posición coñecida informalmente como «doble bongcloud». A partida acabou en táboas por tripla repetición despois de que os xogadores repetisen inmediatamente os movementos. A partida produciuse na última rolda da fase preliminar do torneo, cando ambos os xogadores xa se clasificaran para a seguinte fase. O gran mestre Hikaru Nakamura ten recurrido ao Bongcloud en partidas blitz en liña. En 2018, Nakamura xogou o Bongcloud tres veces contra o GM Levon Aronian durante o Speed Chess Championship de Chess.com, gañando unha das tres partidas e perdendo as outras dúas. Nakamura tamén xogou o Bongcloud contra o GM Vladimir Dobrov e o GM Wesley So durante o Speed Chess Championship de 2019, gañando ambas as partidas. O 19 de setembro de 2020 Nakamura usou a apertura contra o GM Jeffery Xiong, alumno de Garri Kaspárov dentro do programa de aprendizaxe Young Stars, na rolda final do torneo en liña St. Louis Rapid and Blitz e gañou a partida. Notas editar
Véxase tamén editarLigazóns externas editar |