Apeadoiro de Arcade

Coordenadas: 42°20′26″N 8°36′38″O / 42.3405, -8.61051

Arcade é un apeadoiro de ferrocarril de Adif situado en Arcade (Soutomaior, Pontevedra). Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. Antes da posta en servizo do Eixo Atlántico de Alta Velocidade, tiña a consideración de estación.[1]

Arcade
Apeadoiro de Arcade
SituaciónEstación de Ferrocarril s/n
36690 Arcade (Soutomaior)
Liñas
Media distanciaMD e Rexional

Situación ferroviaria editar

Atópase no punto quilométrico 7,9 da liña férrea de ancho ibérico que une Redondela con Santiago de Compostela, a 12 metros de altitude, entre o apeadoiro de Cesantes e a estación de Redondela-AV polo sur e a estación de Pontevedra polo norte.[2]

Historia editar

En 1886 a Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo, xeralmente abreviada como MZOV, concluíu o trazado da liña férrea que unía Monforte de Lemos con Vigo e que se pretendía prolongar a Portugal.[3] Esta liña contou cunha ligazón desde Redondela que alcanzaba Pontevedra na que se situou a estación de Arcade. En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, Oeste integrouse como o resto de compañías ferroviarias españolas en Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios editar

Media distancia editar

Actualizado a 23 de xuño de 2016.

Liña MD Trens Orixe/Destino Destino/Orixe
1 MD A Coruña
Pontevedra
Santiago de Compostela
Vigo-Guixar

Notas editar

  1. "Real Decreto 664/2015, de 17 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de Circulación Ferroviaria." (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán). Consultado o 30-12-2017. 
  2. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  3. 3,0 3,1 Monforte a Vigo e Pontevedra (vía Ourense) Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén editar

Artigos relacionados editar

Ligazóns externas editar