Aparicións de Pontevedra

As aparicións de Pontevedra foron dúas aparicións marianas na residencia das irmás Doroteas de Pontevedra a Sor Lucía, unhas das rapazas que mirara a Nosa Señora de Fátima.

Primeira aparición editar

 
Estatua da Nosa Señora de Fátima.

Oito anos despois das aparicións de Fátima, unhas das testemuñas, coñecida agora como Sor Lucía, vivía na residencia das irmás Doroteas en Pontevedra. Segundo ela, o 10 de decembro de 1925 experimentou outra aparición da Virxe María, que lle prometera volver visitala para revelarlle os requisitos específicos para a comuñón da reparación nos primeiros sábados.

Segundo conta, apareceuse a Virxe, e a carón dela, elevado nunha nube luminosa, o neno Xesús. A Virxe puxo a man no seu ombreiro, e ensinoulle un corazón rodeado de espiñas que tiña na outra man. Ao tempo, o neno Xesús pediulle a Sor Lucía que tivese compaixón da súa nai, referíndose a ela como a nai no ceo da monxa. Despois, a Virxe díxolle as devocións dos cinco primeiros sábados de mes.

A devoción da comuñón de reparación nos cinco primeiros sábados está considerada unha parte esencial da mensaxe de Fátima, mencionada pola Virxe o 13 de xullo de 1917. Se alguén cumpre esas condicións nos primeiros sábados de cinco meses consecutivos, a Virxe María concederíalle unha graza especial na hora da súa morte.

A devoción dos primeiros sábados xa fora establecida na Igrexa Católica polo papa Pío X o 1 de xullo de 1905, dando indulxencias a quen adorase a Inmaculada Concepción durante doce meses seguidos.

Segunda aparición editar

O 15 de febreiro de 1926 Sor Lucía dixo que mentres sacaba o lixo ao xardín, viu un neno que recoñeceu, e que despois dunha conversa, o neno transformouse no neno Xesús, que pediu que non seguise falando da devoción dos primeiros sábados.[Cómpre referencia]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar