Anxo Baranga

pintor, actor e director de teatro galego
(Redirección desde «Anxo L. Baranga»)


Anxo López Baranga, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) en 1956, é un pintor, actor e director de teatro galego. Vive en Barcelona desde 1979.

Infotaula de personaAnxo Baranga
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Córgomo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , actor , director teatral Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Facebook: anxo.baranga Twitter: anxobaranga Instagram: anxobaranga Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Diplomado pola Escola Massana de Barcelona e La Llotja (Escola Oficial d’Arts Aplicades i Oficis Artístics de Barcelona). Foi autor das ilustracións de dous libros de J.A.M.[1] e ten colaborado en publicacións de Galicia como A Nosa Terra, Escrita, Alborada, ou Treboada. Participou na creación dos fanzines Microbius (1979), Kanalla (1993) e Catalizador (2009).

É cofundador e director de grupos teatrais en Barcelona como Terceiro Andar (1980) no Centro Galego de Barcelona, Canalla (1993), Furafollas Agrupación Teatral (2001) e AUGATEBA (Aula Universitaria Galega de Teatro de Barcelona dirixida por Camilo Valdehorras), así como o FDG Teatro na súa parroquia natal (2001).[2] Foi membro do Institut de Experimentació Teatral da Universidade de Barcelona, dirixido por Ricard Salvat e participa no Festival de Tardor de Barcelona (1990 e 1991).

Como pintor, con estudo no barrio barcelonés do Raval, simultanea a creación dunha obra persoal co activismo social desde a cultura, como se demostra no seu interese por activar unha arte popular e baseada na conciencia da diferenzas étnicas e lingüísticas no programa Catalizador (2009), que se desenvolveu desde a galería La Xina A.R.T., do fonsagradino Benxamín Álvarez,[3] e coas actividades para a recuperación da obra de Florencio Delgado Gurriarán (FDG) en Córgomo como as Xornadas Teatrais FDG de Córgomo (2001-2009), murais nas casas da parroquia e a defensa da candidatura de Delgado Gurriarán para dedicarlle o Día das Letras Galegas.[4][5]

Organizou obradoiros de banda deseñada, debuxo e pintura en diferentes escolas de primaria e secundaria en colaboración co Proxecto Galauda. En 2017, xunto co artista Jaume Muelas, crea o espazo artístico ArtefactoRoig.

Participou de maneira activa en numerosas accións e agrupacións a prol dunha cultura galega crítica desenvolvida en Cataluña, como a Plataforma Nunca máis de Cataluña,[6] Asemblea Cultural Galega en Barcelona (ACGB).[7]

Obra editar

 
Mural en Córgomo, obra de Anxo Baranga.[4]

Exposicións editar

  • 1996 Cidade, Galería Manifiesto, Barcelona.
  • 1996 No país da auga, Fundación Sotelo Blanco, Compostela.
  • 2003 Baranga, Casa Grande de Viloira, O Barco de Valdeorras.
  • 2003 No país de Nunca máis, Amics de les Arts i Joventuts Musicals, Terrassa.
  • 2007 Eu tamén navegar, La Xina A.R.T., Barcelona.[8]
  • 2008 MOR, Galería Sargadelos de Barcelona.
  • 2009 O catalizador, La Xina A.R.T.. Barcelona.[9]
  • 2013 Entre muros, Galería Paspartú, Barcelona.
  • 2017 Trementinaires, Tuixent.
  • 2019 Cinc cèntims de Raval, con Lito Caramés e J. Muelas, Ferrer Marcs, Barcelona.

Publicacións editar

  • Un pequeno favor e outras historias de humor perverso (Sotelo Blanco, 1984; con J.A.M.)
  • O ollo pecho e outras historias desagradables (Sotelo Blanco, 1989; con J.A.M.)

Recoñecementos editar

  • Gañador do Premio da Secretaría Xeral de Emigración 2007 da Xunta de Galicia na sección de pintura.
  • Irmán maior da Irmandade Florencio Delgado Gurriarán, 2017.

Notas editar

  1. J.A.M.: Pseudónimo de José Antonio Martínez Rodríguez. Outros nomes: Martínez Rodríguez, José Antonio / X. A. M. / M. J. A.
  2. Doespiritusanto, Marcos (10/3/2010). "Reportaje: El desenfado de los Furafollas". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 24/4/2019. 
  3. "Anxo Baranga, IES Martaguisela". www.edu.xunta.gal. Consultado o 24/4/2019. 
  4. 4,0 4,1 "Córgomo lleva el arte a la fachada" (11/10/2018). La Región (en castelán)
  5. "O artista de Córgomo, Anxo Baranga, foi nomeado Irmán Maior da Irmandade do poeta Florencio Delgado Gurriarán : “é moi simbólico que sexa a poesía o que nos xunte”". www.vilamartindevaldeorras.es. Consultado o 24/4/2019. 
  6. González, Helena. "Vieiros: Galiza Hoxe - Mai més... o Prestige. Un álbum da maior mobilización catalana a prol de Galicia". www.vieiros.com. Consultado o 2019-04-24. 
  7. Agra, Santi. "A emigración move os marcos". Praza.gal. Consultado o 24/4/2019. 
  8. "La Xina A.R.T. exposición en curso". www.laxinaart.org. Arquivado dende o orixinal o 20/06/2012. Consultado o 24/4/2019. 
  9. ARTE INFORMADO (3/6/2014). "O Catalizador, Exposición, abr 2009". ARTEINFORMADO (en castelán). Consultado o 24/4/2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar