Anxo Angueira
Anxo Angueira Viturro, nado en Manselle (Dodro) o 13 de xaneiro de 1961, é un filólogo, escritor e estudoso da literatura galega. É o actual presidente da Fundación Rosalía de Castro[1], con sede na Casa Museo de Rosalía, desde o 1 de xuño de 2012.
Anxo Angueira | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 13 de xaneiro de 1961 |
Manselle | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor |
Xéneros | narrativa, poesía, ensaio |
Coñecido/a por | Pensa nao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Sempre vinculado ó seu concello natal, pasou dous anos da súa infancia en Asados (Rianxo), e realizou os estudos de bacharelato na vila veciña de Padrón. Foi no instituto onde tivo o primeiro contacto coa literatura galega da man do seu mestre de lingua castelá, Bernardino Graña. Gañou premios de poesía e narrativa cando era bacharel, en certames literarios celebrados no propio centro de ensino.
Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na Universidade de Santiago de Compostela, onde estuda Filoloxía Hispánica coa especialidade en lingua galega. Na época universitaria compaxinaba os estudos e o traballo, que tiña en Padrón, residindo na vila das Terras de Iria.
Unha vez concluídos os estudos universitarios comeza a impartir clases de lingua e literatura galegas no IES Meixoeiro e na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Reside na cidade olívica; está casado e ten dous fillos.
Publica diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participa na fundación e na elaboración do manifesto das Redes Escarlata e colabora na publicación da CUT O Xornal e na revista A Trabe de Ouro. Foi coordinador do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón que se celebra en Dodro. Durante o ano 2008 participou no espectáculo Rosalía 21, unha revisitación en clave de jazz da poesía de Rosalía de Castro, xunto ao pianista Abe Rábade e a cantante Guadi Galego.
No ano 2012 presenta a súa candidatura á presidencia da Fundación Rosalía, candidatura única e consensual, despois de que se producise a dimisión de Helena Villar Janeiro o 13 de abril, motivada por un desacordo na aprobación dos orzamentos dese ano[2]. Dende xuño de 2012 ostenta o cargo de presidente da Fundación Rosalía de Castro[3].
ObraEditar
NarrativaEditar
- Bágoas de facer illas, 1997, Xerais.
- Pensa nao, 1999, Xerais. Incluído na Biblioteca Galega 120. Foi traducida ao inglés.[4]
- A morte de A., 2003, Xerais.
- Iria, 2012, Xerais.
PoesíaEditar
- Val de Ramirás, 1989, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
- O valo de Manselle, 1996, Xerais.
- Libro da Vertixe, 1997, Deputación de Lugo.
- Fóra do sagrado, 2007, Xerais.
EnsaioEditar
- De Rosalía a Dieste. 33 anos das letras, Vigo: Xerais, 1995.[5]
- Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro, AELG-Xunta de Galicia. 2003,
- A espiral no espello: "Bretaña, Esmeraldina" e o sistema literario galego. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2009.
- Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento, Frank & Timme, Berlín, 2013.
- Rexurdimento: a palabra e a idea (2019). Galaxia. 304 páxs. ISBN 978-84-9121-566-0.
EdiciónsEditar
- Guía de lectura de Con Pólvora e Magnolias, 1992, Edicións do Cumio, ISBN 84-87126-60-X
- Xosé Luís Méndez Ferrín: Poesía enteira de Heriberto Bens, edición crítica, 1999.
- La poésie galicienne de 1936 à 1990, edición e introdución crítica, 1999.
- Rosalía de Castro: antoloxía; limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín; introdución e selección de textos de Anxo Angueira, Xerais, 2003.
- Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar, de Ramón Otero Pedrayo. Edición e limiar, con ilustracións de Reimundo Patiño, 2005.
- Rosalía de Castro: Cantares gallegos. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. Xerais, 2013.
- Rosalía de Castro: Follas novas. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. Xerais, 2016.
Obras colectivasEditar
- Redondela, en Unha liña no ceo. 58 narradores galegos 1979-1996, 1996, Xerais.
- Mini-relatos, 1999. Librería Cartabón.
- O cura de Fruíme en Materia prima. Narrativa galega contemporánea, 2002, Xerais.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- Negra sombra, 2003, Espiral Maior.
- Rebelados en Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata, 2003, Difusora.
- Son de poesía, 2005, Edições Fluviais, Lisboa.
- X. Espazo para un signo, 2005, Xerais.
- Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais.
- Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero, 2007, Espiral Maior.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
- Que lle podo ofrecer a quen me intente?, 2011, Xerais. Coordinador do volume xunto a Teresa Bermúdez.
- Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
- VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova.
- Participou na coordinación de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada (PDF). CCG. 2014.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
- No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos.
Premios recibidosEditar
- Accésit Premio Esquío 1988, polo poemario Val de Ramirás.
- Gañador do certame poético Ruta do Mar de Arousa e río Ulla en 1992 con O mar e o río do regreso.
- Accésit do premio de poesía Camiño de Santiago en 1994 polo poema O valo de Manselle.
- Premio Café Dublín 1996, polo libro de relatos Bágoas de facer illas.
- Premio Xosé María Díaz Castro en 1997 por Libro da Vertixe.
- Premio Xerais de novela en 1999 por Pensa nao.
NotasEditar
- ↑ A Fundación Rosalía de Castro Arquivado 27 de marzo de 2014 en Wayback Machine.: Executiva da Fundación.
- ↑ La Voz de Galicia (29-5-2012) ‹‹O escritor Anxo Angueira, único candidato á presidencia da Fundación Rosalía›› Arquivado 11 de xullo de 2015 en Wayback Machine.. "Trátase dunha candidatura consensual, segundo explicou a presidenta en funcións".
- ↑ La Voz de Galicia (2-6-2012) «Angueira aposta por reactivar os Estudos Rosalianos» Arquivado 06 de xuño de 2014 en Wayback Machine.. "O escritor foi elixido onte novo presidente da fundación padronesa".
- ↑ "Listing Ship". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ Con prólogo de Francisco Fernández del Riego.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Dicionario biográfico de Galicia I. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 57.
- Barrera, F., ed. (2002). "Angueira Viturro, Anxo". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 37. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externasEditar
- Anxo Angueira na Biblioteca Virtual Galega.
- Anxo Angueira na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Pensa Nao. Roteiro literario baseado na novela Pensa Nao de Anxo Angueira.
- Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro , no programa Eirado da TVG.