Antropopatía
O termo antropopatía refírese á asignación de características psicolóxicas ou sentimentos humanos a outros seres. Agás no ámbito relixioso, é algo que ocorre, xeralmente de modo involuntario, nas interaccións das persoas coas cousas, plantas ou animais, como por exemplo o feito de parolar co animal de compaña.[1][2]
Na literatura popular hai exemplos de abondo deste fenómeno:
- falso como unha burra
- puta como as galiñas
- astuto como un raposo
- fiel como un can
- agudo como un allo
- xordo como unha tapia
Notas
editar- ↑ "Diccionario Galego de Termos Médicos" (PDF). Santiago de Compostela: Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. 2002. Consultado o 3 de xaneiro de 2017.
- ↑ Phillips, John (2008). Cómo entender e interpretar la Biblia (en castelán). Michigan: Portavoz. pp. 47–48.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Antropopatía |