Abrir o menú principal

Antonio de Guevara

escritor español
(Redirixido desde "Antonio de Guevara Noroña")

Frei Antonio de Guevara, nado en Treceño, no concello de Valdáliga (Cantabria) en 1480 e finado en Mondoñedo o 3 de abril de 1545, foi un escritor e eclesiástico español, un dos máis populares do Renacemento. Calcúlase que as súas obras se publicaron durante os séculos XVI e XVII máis de 600 veces por toda Europa. Desde 1537 foi bispo de Mondoñedo.

Antonio de Guevara
Nacementoc. 1480
 España Valdáliga, España
Falecemento3 de abril de 1545
 Galicia Mondoñedo, España
NacionalidadeEspañola
RelixiónIgrexa católica
OcupaciónBispo, escritor e historiador
editar datos en Wikidata ]

Índice

Frases soadasEditar

Está é unha listaxe incompleta das frases máis famosas de frei Antonio de Guevara, orixinalmente en castelán coa súa respectiva tradución ao galego:

  • "El aconsejar es un oficio tan común que lo usan muchos y lo saben hacer muy pocos." ("O aconsellar é un oficio tan común que o usan moitos e sábeno facer moi poucos.").
  • "Lo que al caballero le hace ser caballero es ser medido en el hablar, largo en el dar, sobrio en el comer, honesto en el vivir, tierno en el perdonar y animoso en el pelear." ("O que ao cabaleiro faille ser cabaleiro é ser medido no falar, longo no dar, sobrio no comer, honesto no vivir, tenro no perdoar e animoso no pelexar.").
  • "A los cordiales amigos no basta alumbrarles por do vayan sino que les hemos de quitar los tropiezos a do tropiecen." ("Aos cordiais amigos non basta alumarlles por onde vaian senón que lles habemos de quitar os tropezos onde tropecen.").
  •  "Las guerras, para ser buenas, las han de encomendar a los dioses, aceptarlas los príncipes, justificarlas los filósofos y ejecutarlas los capitanes." ("As guerras, para ser boas, hanas de encomendar aos deuses, aceptalas os príncipes, xustificalas os filósofos e executalas os capitáns.").

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Manuel de Castro, OFM, "Antonio de Guevara", en Diccionario de Historia Eclesiástica de España. Madrid 1972, vol. II, páxs. 1066-1067.
  • López Cuétara, José Miguel, Fray Antonio de Guevara, literatura vs. filosofía. Verdad y vida, ISSN 0042-3718, Nº 240-241, 2004.
  • Pedro Correa Rodríguez, "Fray Antonio de Guevara", en Gran Enciclopedia Rialp. Madrid 1972, Tomo XI, páxs. 454-455.

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.