Antonio de Cora Sabater
Antonio de Cora Sabater, nado en Lugo o 18 de outubro de 1889 e finado en Madrid o 6 de xuño de 1943, foi un avogado e xornalista galego.
Antonio de Cora Sabater | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1889 |
Lugar de nacemento | Lugo |
Falecemento | 6 de xuño de 1943 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
Pai | Purificación de Cora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Purificación de Cora y Más-Villafuerte e mais Teresa Sabater Becerra, e irmán de Purificación de Cora Sabater. Estudou Dereito nas universidades de Madrid e Santiago de Compostela. Trasladouse a Lugo para formar parte da redacción de El Progreso, do que foi director entre 1914 e 1927 e no que escribiu numerosos artigos utilizando o pseudónimo de D’Orca. Foi o creador do personaxe Pelúdez, presente nas páxinas do xornal dende a súa fundación.
Colaborou noutros medios informativos e dende a Librería Religiosa editou publicacións e postais de Lugo. Foi presidente do Orfeón Gallego e do Círculo das Artes. Foi primeiro tenente de alcalde do concello de Lugo. Foi designado maxistrado suplente na Audiencia de Lugo e apoderado dos exportadores de gando da provincia. En 1927 trasladou a súa residencia a Madrid, onde continuou exercendo a avogacía, actuou como correspondente político de El Progreso e presidiu a Casa de Galicia.