Abrir o menú principal

Antonio Villar Mínguez

futbolista español

Antonio Villar Mínguez, máis coñecido como Nicha, nado o 2 de febreiro de 1904 en Redondela foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro.

Antonio Villar Mínguez
Información persoal
Nacemento 2 de febreiro de 1904
  Redondela
Nacionalidade España
Posición Dianteiro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comeza a xogar no recentemente creado Redondela FC en 1924, que xoga xa no seu primeiro ano a fase de ascenso á Serie B do Campionato galego ante o Europa de Vigo, nun primeiro momento non acada o ascenso por cuestións burocráticas pero a reclamación chega a Madrid e resólvese en favor do equipo redondelán.

En 1925 ficha polo Celta de Vigo, para compartir dianteira con xogadores como Polo, Correa, Reigosa ou Chicha. Debutaría co Celta ante o RCD Espanyol de Ricardo Zamora anotandolle dous goles ao porteiro catalán.

En 1928 o Celta realizou unha xira por América a bordo do transatlántico alemán Werra, porén tanto Nicha coma outros xogadores non puideron ir co equipo, polo que foron substituídos por xogadores do Deportivo da Coruña, Racing de Ferrol ou mesmo Sevilla FC. Asemade tamén se perdeu o 30 de decembro dese mesmo ano o encontro de inauguración do novo estadio de Balaídos ante o Real Unión de Irún.

Nicha xogou no celta oito anos nos cales disputou 66 encontros e anotou 47 goles, co que cun gol cada 126 minutos é un dos xogadores con mellor media goleadora da historia do club. Nos seus anos como celeste proclamouse Campión de Galicia en tres ocasións.

Véxase taménEditar