Antonio Remón Zarco del Valle y Huet
Antonio Remón Zarco del Valle y Huet, nado na Habana o 30 de maio de 1785[1] e finado en Madrid o 20 de abril de 1866, foi un militar, enxeñeiro e escritor español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de maio de 1785 A Habana |
Morte | 20 de abril de 1866 (80 anos) Madrid, España |
Q57771833 | |
1848 – 1866 – José Solano (pt) → | |
Senador de España | |
1838 – 1866 Circunscrición electoral: Provincia de Málaga | |
Ministro da Guerra | |
16 de novembro de 1833 – 2 de novembro de 1834 ← José de la Cruz (en) – Manuel Llauder (pt) → | |
Ministro de Mariña de España | |
16 de novembro de 1833 – 25 de xaneiro de 1834 ← José de la Cruz (en) – José Vázquez de Figueroa (en) → | |
Q108177386 | |
18 de xuño de 1821 – 9 de decembro de 1821 ← Juan Manuel Munárriz – Juan Manuel Munárriz → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Academy of Military Engineering of Alcalá de Henares (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Fortificación |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , escritor , militar |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Conflito | Guerra da Independencia española |
Premios | |
Traxectoria
editarTraxectoria militar e política
editarParticipou na campaña de Portugal e despois na Guerra de Independencia española, conseguindo en 1812 o grao de brigadier. Foi capturado e conducido a París, onde permaneceu recluído en Vicennes, con outros xenerais españois, até ser liberado ao remata-la guerra.[2]
Ao establecerse o goberno provisional constitucional en 1820, desempeñou durante sete días en marzo de 1820 a carteira de ministro da Guerra de forma interina. Cargo, a partir do cal seguiría ascendendo rapidamente: Mariscal de Campo en 1821, Capitán Xeneral de Aragón en 1822 e deputado pola Habana en 1823, perdendo ese ano tódolos seus honores e cargos. Foi Xefe do corpo de Estado Maior, ministro plenipotenciario en Nápoles (1821) e Inglaterra (1822) e tamén, en 1822, presidente da Deputación de Cataluña.
Trala morte de Fernando VII, foi ministro da Guerra no goberno de Cea Bermúdez (1833). Participou na primeira guerra carlista durante tres anos sendo ascendido a tenente xeneral dos exércitos (1836) e enxeñeiro xeral das prazas e fronteiras do reino, inspector xeral do rexemento de enxeñeiros. Posteriormente foi nomeado embaixador en Prusia, Austria e Rusia, conseguindo que as dúas primeiras potencias recoñeceran a Isabel II como raíña.[3]
Foi senador pola provincia de Málaga de 1838 a 1841, e despois senador vitalicio de 1845 a 1866.[4][5]
Traxectoria académica
editarFoi autor de diversas publicacións de carácter histórico e científico, algunhas das cales publicáronse no Memorial do Arquivo do Corpo de Enxeñeiros. Foi membro fundador da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais[6] en 1847, e foi o seu primeiro presidente dende 1848 até 1966. Ademais tamén foi membro numerario da Real Academia de Ciencias de Sevilla, así como numerario da Real Academia da Historia (elixido académico honorario en 1843, e xa como numerario o 11 de xuño de 1847, ocupando a Medalla nº7)[7], da Real Academia de Ciencias e Artes de Barcelona, da Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, da Real Academia de Belas Artes de San Luís de Zaragoza e da Real Academia de Belas Artes da Purísima Concepción de Valladolid.[1] Foi socio do Ateneo de Madrid.
Igualmente. foi membro de diversas academias no estranxeiro: entre elas a Imperial de Ciencias de San Petersburgo, a de Ciencias Militares de Suecia, a Sociedade Xeolóxica de Francia ou a Sociedade Xeográfica de París, entre outras.[1] Intentou crear unha Biblioteca Militar de Autores Españois.
Recoñecementos e títulos
editarXentilhome de cámara do rei, cabaleiro da Gran Cruz de Carlos III (1834)[8], de Isabel a Católica, Laureada de San Fernando e San Hermenegildo, tres veces cabaleiro de primeira clase da de San Fernando e San Hermengildo, así como foi condecorado coas cruces das batallas de Bailén, Aranxuez, Almonacid, Chiclana e Albuera; dúas veces benémerito da patria e pai da provincia. Entre os títulos que obtivo, atopábase o de Cabaleiro do Vélaro de Ouro (1860).
Tamén obtivo diversas condecoracións no estranxeiro, como a gran cruz de San Bieito de Avis en Portugal, a Aguia Vermella de primeira clase de Prusia (1849) e grande oficial da Lexión de Honra de Francia.
Predecesor: José María Alós |
Ministro de Guerra interino 20 de marzo - 27 de marzo de 1820 |
Sucesor: Juan Jabat Aztal |
Predecesor: Juan Jabat Aztal |
Ministro de Guerra interino 8 de outubro - 8 de outubro de 1820 |
Sucesor: Ignacio Balanzat Criones |
Predecesor: José de la Cruz |
Ministro de Guerra 16 de novembro de 1833 - 2 de novembro de 1834 |
Sucesor: Manuel de Llauder y de Camín |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Zarco do Val (Excmo. Sr. D. Antonio Remon)". archive.org. Consultado o 09-10-2017.
- ↑ Laguna Enrique, Martha Elizabeth (2013). El museo nacional de bellas artes de la habana y la colección de retratos de la pintura española del XIX. Colección Victor. Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. p. 618. ISBN 978-84-9012-381-2.
- ↑ García Hernán, Enrique; Maffi, Davide (2000). Guerra y sociedad en la monarquía hispánica: política, estrategia y cultura na Europa Moderna (1500-1700). Madrid: Ediciones del Laberinto. p. 599. ISBN 978-84-8483-224-9.
- ↑ Caro Cancela, Diego (Dir.) (2010). Diccionario biográfico de parlamentarios de Andalucía, 1810-1869: A-G. Sevilla: Centro de Estudios Andaluces. p. 57. ISBN 978-84-938354-6-0.
- ↑ "Expediente personal del Senador D. Antonio Remón Zarco del Valle por la provincia de Málaga y vitalicio". senado.es. Consultado o 09-10-2017.
- ↑ "Relación de académicos desde el año 1847 hasta el 2003" (PDF). rac.es (Real Academia de Ciencias). Consultado o 09-10-2017.
- ↑ Boletin de la Real Academia de la Historia. Tomo CLXXV, Nº II: 342. 1978
- ↑ "Dimisión da secretaría de Guerra e concesión da Gran Cruz da Real e distinguida orde de Carlos III" (PDF). Gaceta de Madrid, nº 264 (5 de novembro de 1834). Consultado o 09-10-2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Remón Zarco del Valle y Huet |
Biografía
editar- Ovilo e Otero, Manuel (1859). «Zarco do Val (Excmo. Sr. D. Antonio Remon)» en Manual de Biografía y de bibliografía de los escritores españoles del siglo XIX II París:Libraría de Rosa y Bouret (pp. 236–237).