Antonio Pensado

político galego
(Redirección desde «Antonio Pensado Plágaro»)

Antonio Pensado Plágaro, nado en Coristanco o 23 de agosto de 1956, é un político galego do PPdeG exalcalde de Coristanco.

Infotaula de personaAntonio Pensado
Biografía
Nacemento23 de agosto de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Coristanco, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Coristanco
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar


Funcionario da Cámara Agraria. Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido concelleiro en Coristanco pola CPG do alcalde Manuel Remuiñán Cancela. Tralo apoio do alcalde á moción de censura do PSdeG-PSOE na Deputación da Coruña en xuño de 1989, el e outros 3 edís da CPG mostráronse en contra e constituíron o comité local do PPdeG, ante o cal foron expulsados do goberno[1]. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Coristanco, mentres que Remuiñán encabezou a lista do PSdeG-PSOE, sendo elixido alcalde con maioría simple e gobernando nun primeiro lugar co independente Bautista García Rama, para logo cambialo apoio deste en 1993 polo do outro independente Bautista Fernández Gómez, que se había afiliado ao PPdeG. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións con maioría absoluta, ata que no ano 2015 perde a maioría absoluta e a alcaldía en favor do candidato de Terra Galega Amancio Lavandeira, que contou co apoio do BNG e do PSdeG.

Defensor da implantación do proxecto da Mina de Corcoesto, chegou a viaxar a Bruxelas xunto a directivos da compañía canadense Edgewater Exploration para sacala adiante.[2] O 18 de xuño de 2014 foi imputado por supostos delitos de malversación de fondos públicos, prevaricación e abuso de influencias[3][4][5], no marco da investigación da Operación Pataca[6] e tras rexistros da Policia Xudicial e Garda Civil no Concello coristanqués.[7][8][9][10][11][12]

En agosto de 2017 apoia xunto con todo o grupo do PPdeG unha moción de censura contra Amancio Lavandeira, a cal fixo alcalde ao edil socialista Abraham Gerpe que foi expulsado do seu partido por esta operación, mentres que os edís populares tamén abandonaron o seu partido, polo que constituíron un goberno independente co novo alcalde. Porén, apenas un ano despois abandona o goberno e nun principio regresa á disciplina do PPdeG, asistindo á proclamación do novo candidato popular, Juan García Pose, en setembro de 2018. Finalmente opta por encabezar un partido independente, a Agrupación Local de Veciños de Coristanco, coa cal concorre nas municipais de 2019, logrando tan só 2 concelleiros e sendo a terceira forza por detrás de PPdeG e Terra Galega, polo que se situou na oposición. En xaneiro de 2022 foi condenado por prevaricación[13], ante o cal dimitiu como concelleiro no mes de xuño[14].


Predecesor:
Manuel Remuiñán Cancela
  
Alcalde de Coristanco
 
1991 - 2015
Sucesor:
Amancio Lavandeira

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar