Antonio Martínez Sánchez

futbolista español

Antonio Martínez Sánchez, nado en Barbate (Cádiz) o 15 de decembro de 1951, é un exfutbolista español que xogaba na demarcación de dianteiro.

Mori
Información persoal
Nome Antonio Martínez Sánchez
Nacemento 15 de decembro de 1951 (72 anos)
Lugar de nacemento Barbate
Altura 1,76 m.
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1969-1971 Atlético Malagueño
1970–1972 CD Málaga 13 (2)
1972–1973 CD San Fernando 23 (7)
1973-1975 Cádiz CF 25 (5)
1975-1976 Cacereño (14)
1976-1984 Celta de Vigo 223 (42)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar no Atlético Malagueño, filial do CD Málaga, debutando co primeiro equipo na tempada 1970/71 en Primeira División. En 1972 fichou polo CD San Fernando e un ano despois polo Cádiz CF.

No verán de 1975 fichou polo Cacereño, porén antes de que rematara a tempada 1975/76 fichouno o Celta de Vigo para xogar en Segunda División. Esa tempada do seu debut significaría o ascenso do club galego a Primeira División. Militou no Celta nove tempadas, nas que xogou en tres categorías diferentes, Primeira, Segunda e Segunda B durante a tempada 1980/81, pero foi un fixo no equipo titular durante todos eses anos e para tódolos técnicos.

Durante a súa carreira foi internacional coa Selección de fútbol de España en categoría xuvenil, sub-21 e olímpica.