Abrir o menú principal

Antonio Hidalgo Rodríguez

futbolista español

Antonio Hidalgo Rodríguez, nado o 22 de xaneiro de 1943 en Sevilla é un ex-futbolista que xogaba na demarcación de defensa.

Antonio Hidalgo Rodríguez
Información persoal
Nacemento 15 de febreiro de 1943
  Sevilla
Falecemento 6 de marzo de 2014
Nacionalidade España
Posición defensa

TraxectoriaEditar

Comezou a destacar nas categorías inferiores do Real Betis Balompié, de onde marchou cedido ao CF Extremadura antes de fichar polo CD Badajoz.

Xogando no club extremeño estivo a punto de fichar polo Atlético de Madrid pero finalmente fichou polo Celta de Vigo na tempada 1968/69, a que sería a última tempada dunha longa etapa na Segunda División.

Militou no Celta oito tempadas, disputando 171 encontros, anos nos que chegou a participar no debut do equipo nunha competición europea, na Copa da UEFA na tempada 1971/72. Tamén viviu o descenso a Segunda do ano 1975 e o conseguinte ascenso dous anos despois.

Finalmente deixou o club no verán de 1976.

Véxase taménEditar