Antonio Gregorio Montes
Antonio Gregorio Montes, tamén coñecido co nome de usuario de Agremon[1], nado en Vilalba o 27 de abril de 1957, é un profesor, divulgador e wikipedista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de abril de 1957 (67 anos) Vilalba, España |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | catedrático, wikimedista |
Traxectoria
editarLicenciado en Ciencias Físicas en 1979 pola Universidade de Valladolid, aprobou as oposicións de profesor en 1980 e comezou a dar clase nun instituto de Valladolid[2]. Pouco despois, en 1982, trasladouse a Ribadeo, onde botou o resto da súa carreira profesional dando clase no IES Porta da Auga, até a súa xubilación. Durante eses anos, tivo épocas en que foi director do centro.
Impulsor de iniciativas pedagóxicas e didácticas, foi membro da directiva dun club de xadrez de Ribadeo, presidente da asociación Amigos da Música de Ribadeo e tamén directivo da asociación cultural Xerfa. Ademais, é clarinetista[2].
O 8 de marzo de 2003, Antonio Gregorio converteuse no primeiro administrador da Galipedia[3], o proxecto da Wikipedia en galego. Foi Gregorio tamén quen empregou por primeira vez o termo "galipedia" para referirse ao proxecto en galego. Desde entón, ten ocupado distintos postos na administración da Galipedia, e desenvolvido obradoiros e conferencias sobre Wikipedia.
Obra
editar- A temperie ribadense no 2020 (e un complemento), 2021[4]. Esta obra é un anuario meteorolóxico que leva editando o autor desde 2012[5].
Notas
editar- ↑ "Usuario:Agremon". 2020-08-22.
- ↑ 2,0 2,1 "Antonio Gregorio Montes, en Galegos.info". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2021-03-11.
- ↑ "Wikipedia:Acerca de". 2020-03-09.
- ↑ "Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho". www.facebook.com. Consultado o 2021-03-11.
- ↑ Gregorio Montes, Antonio. "A temperie ribadense no 2012". Academia.edu.