Antonio Gómez López

político galego

Antonio Gómez López, nado en Vila de Cruces en 1902 e finado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1937, foi un político galego.

Antonio Gómez López
Nacemento1902
Lugar de nacementoVila de Cruces
Falecemento26 de xaneiro de 1937
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Emigrante retornado. Foi elixido tesoureiro de Izquierda Republicana en febreiro de 1935. Co triunfo do Frente Popular foi nomeado concelleiro de Carbia e elixido primeiro tenete alcalde na corporación presidida por Benjamín Salgado Uribe. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era o alcalde en funcións. Foi detido e trasladado a illa de San Simón, a espera de xuízo. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra o 9 de xaneiro por rebelión xunto con outros 18 republicanos de Carbia,[1] foi condenado a pena de morte. Foi executado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1937 ás 17:30 con Primo López Rivadulla, Manuel Sarmiento Debén e Eduardo Brea Cajide.[2]

Notas editar

  1. El Progreso, 8-1-1937, p. 3.
  2. Diario de Pontevedra, 27-1-1937, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar