Antonio Domínguez Olano

xornalista e escritor galego

Antonio Domínguez Olano, coñecido como Antonio D. Olano ou Antonio de Olano, nado en Vilalba o 25 de maio de 1938 e finado en Madrid o 29 de decembro de 2012,[1] foi un xornalista e escritor galego.

Antonio Domínguez Olano
AlcumeAntonio de Olano e Antonio D. Olano
Nacemento25 de maio de 1938
Lugar de nacementoVilalba
Falecemento29 de decembro de 2012
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Traballou en periódicos como La Noche, El Correo Gallego, El Alcázar, Pueblo, Sábado Gráfico, ABC, Gaceta Ilustrada ou La Codorniz. Foi correspondente de guerra en varios países, e colaborou na Cadena SER.

Prestoulle servizos ao PCE, como a entrevista que mantivo con Xosé Castro Veiga en 1953 enviado por Santiago Carrillo para pedirlle que depuxese as armas, e ao réxime franquista, sobre todo a Manuel Fraga, do que foi colaborador e amigo.[2] Traballou en África e en Cuba, onde acompañou a Fidel Castro desde Sierra Maestra á Habana.

Como autor teatral en lingua castelá estreou 30 obras, destacando Locos por la democracia, Madrid. Pecado moral, Las divinas ou Cara al sol con la chaqueta nueva. Publicou as novelas Los hombres se visten de plata e La España del buitre. Xunto ao seu amigo Borobó escribiu a versión teatral d'A Bela Otero. Con Juan Pardo fixo comedias musicais, e colaborou no disco Galicia miña nai dos dous mares con poemas de Ramón Cabanillas, Curros Enríquez, Rosalía de Castro e el mesmo. Tamén foi guionista de cine e radio, poeta e biógrafo e amigo de Pablo Picasso e Salvador Dalí. Foi comentarista taurino e cronista de Madrid.

Obras editar

Ensaio editar

  • Guía secreta de Madrid.
  • Pecar en Madrid.
  • Locos por la democracia.
  • Yo soy el Pera.
  • Dalí, Secreto.

Novela editar

  • Los hombres se visten de plata.
  • La España del buitre.
  • Carta abierta a un muchacho "diferente".
  • El Niño que bombardeó París (Actas. 2012. ISBN 978-84-9739-118-4).
  • Yiyo, Adiós, príncipe, adiós.

Teatro editar

  • Locos por la democracia.
  • Madrid. Pecado moral.
  • Las divinas.
  • Cara al sol con la chaqueta nueva.

Recoñecementos editar

Notas editar

  1. "Fallece el periodista Antonio Domínguez Olano". El Mundo (en castelán). 29 de decembro de 2012. 
  2. Eiré, Afonso (2015). O Piloto. O último guerrilleiro. A Coruña: Hércules. pp. 67–68. ISBN 978-84-94386-82-4. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar