Antonio Comyn Crooke

Político conservador español

Antonio Comyn Crooke, nado o 4 de marzo de 1858, en Madrid, e finado o 30 de decembro de 1931, tamén en Madrid. Foi un aristócrata, avogado e político español. Foi conde consorte de Albiz desde 1903 polo casamento con Jesusa Allendesalazar, I condesa de Albiz, irmá de Manuel Allendesalazar.

Antonio Comyn Crooke
Nacemento4 de marzo de 1858
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento25 de marzo de 1909
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiJuan Tomás Comyn y Martínez
editar datos en Wikidata ]

Estudou en España, no Instituto San Isidro [1] e Inglaterra, de onde procedía a súa familia. Licenciouse en dereito e foi socio do Ateneo de Madrid e tamén foi un dos pioneiros do excursionismo en Madrid. Foi elixido deputado do Partido Conservador polo distrito de Santa Coloma de Farners nas eleccións xerais de 1891,1893, 1898 e 1899.[2] Foi Fiscal do Tribunal de Contas[3] e en 1900 foi nomeado subsecretario da Presidencia do Consello de Ministros.[4]

Tamén foi senador pola provincia de Xirona durante 1901-1902 e pola provincia de Cuenca de 1903 a 1904 e pola provincia de Palencia de 1907 a 1908. Tamén participou en empresas que instalaron a telegrafía sen fíos en España.[5]

Notas editar

  1. Resumen acerca del estado del Instituto de San Isidro de Madrid durante el curso 1872-1873. Madrid: Imprenta de A.Gómez Fuentenebro. 1872. 
  2. Armengol i Segú, Josep; Rubí Casals, María Gemma (2001). "Cataluña". En Varela Ortega, José. El poder de la influencia: geografía del caciquismo en España (1875-1923). Madrid: Marcial Pons, Ediciones de Historia. pp. 237–282. ISBN 9788425911521. 
  3. Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía. (2007). Anales de la Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía . Vol. X. ISSN 1133-1240
  4. Gaceta de Madrid núm. 329, de 25/11/1900
  5. Faus Belau, Ángel (2007). La radio en España (1896-1977): una historia documental. Taurus. p. 140. ISBN 9788430606504. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar