Tito Blanco
Antonio Blanco Núñez, coñecido como Tito Blanco, nado na Coruña o 12 de febreiro de 1926 e finado o 27 de novembro de 1993, foi un futbolista galego. A súa posición natural era a de centrocampista, pero xogou tamén noutras posicións, dende a defensa ata a dianteira. Militou en varios equipos, destacando o Murcia e o Deportivo da Coruña, cos que xogou varias temapadas na Primeira División. Era irmán do tamén futbolista Jaime Blanco.
Nome orixinal | Antonio Blanco Núñez | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 12 de febreiro de 1926 ![]() A Coruña, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 27 de novembro de 1993 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Jaime Blanco Núñez ![]() |
Traxectoria
editarNa tempada 1943/44 xogou co Salamanca na Terceira División, adestrado polo tamén coruñés Paco González. En xaneiro de 1948 foi fichado polo Murcia, que contaba con numerosas baixas e tivo que reforzarse con varios futbolistas.[1] O 1 de febreiro debutou na Segunda División, nunha vitoria por 3-0 contra o Málaga.[2] Afianzouse no once titular durante os seguintes anos, conseguindo na tempada 1949/50 o ascenso á Primeira División, ao acabar a liga en segunda posición por detrás do Alcoyano.
Estreouse na máxima categoría nunha derrota por 5-0 contra o Sevilla de Guillermo Campanal no estadio de Nervión, e disputou 28 encontros na tempada, incluídos cinco da promoción de permanencia, na que o club murciano non conseguiu salvar a categoría. Nos seus cinco anos en Murcia, xogou tanto de medio volante como de interior, extremo e defensa lateral.[3]
En febreiro de 1952, o Deportivo da Coruña conseguiu que o Murcia llo cedese, despois de telo intentado xa anteriormente.[4][5] Debutou nun encontro de Primeira fronte ao Zaragoza en Riazor, formando na dianteira xunto con Moll, Corcuera, Arsenio e Marquínez.[6] Disputou un total de 8 partidos no equipo que ese ano adestraba Chacho, regresando a continuación a Murcia.[7]
Disputou a primeira metade da tempada 1952/53 co Murcia, sendo traspasado en xaneiro de 1953 ao Deportivo.[8] Xogou no club coruñés o que restaba de tempada e dúas máis, aínda que a última delas pasouna case en branco, despois de se lesionar en Montevideo durante a xira suramericana do Deportivo.[9] En agosto de 1955 asinou xunto con Corcuera polo Xerez,[10] disputando 17 partidos durante a tempada.
A finais da tempada 1956/57 fichou polo Racing de Ferrol, da Segunda División, debutando con dous goles nun partido de liga contra o Oviedo.[11][12] Tras rematar a tempada en Ferrol, marchou a Portugal para xogar no Salgueiros, adestrado polo tamén galego Aretio.[13] Co club do Porto disputou 15 partidos na Primeira Liga, perdendo a categoría ao final da campaña. Ao remate da competición de liga regresou a Ferrol, xogando co Racing os derradeiros partidos da tempada de Segunda e marcou un gol na vitoria contra o Alavés en Mendizorrotza na derradeira xornada, coa que o Racing salvou a categoría.[14]
Na tempada 1958/59 xogou co Arousa en Terceira, coincidindo con xogadores como Castellanos, Serapio ou Bello Amigo,[15] mentres que na tempada seguinte xogou algún partido co Xuvenil de Rodrigo, da mesma categoría.[16]
En xuño de 1961 xogou en Riazor un partido de homenaxe a Acuña, no que se enfrontaron un equipo de vellas glorias galegas contra outro de vellas glorias biscaíñas. Formou equipo entre outros co propio Acuña, Pedrito, Neira, Guimeráns, Chacho, Pahiño ou Tino.[17]
Notas
editar- ↑ "El Murcia tiene siete jugadores enfermos o lesionados". El Progreso (en castelán) (12591). 5 de febreiro de 1948. p. 2. Consultado o 16 de decembro de 2021.
- ↑ "Hoy jugarán en el Murcia nueve jugadores de Tercera". El Progreso (en castelán) (12588). 1 de febreiro de 1948. p. 4. Consultado o 16 de decembro de 2021.
- ↑ "Tito Blanco jugará ya mañana contra el Zaragoza". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de marzo de 1952. p. 5.
- ↑ Tino (22 de febreiro de 1952). "Y ahora a empezar...". La Noche (en castelán) (9579). p. 3. Consultado o 16 de decembro de 2021.
- ↑ "Tito blanco firmó por el Deportivo". El Correo Gallego (en castelán) (24923). 1 de marzo de 1952. p. 5. Consultado o 16 de decembro de 2021.
- ↑ "En un difícil encuentro, triunfó el Deportivo frente al Zaragoza (2-1)". La Noche (en castelán). 3 de marzo de 1952. p. 1. Consultado o 16 de decembro de 2021.
- ↑ Tino (19 de xuño de 1952). "Tito Blanco vuelve a Murcia". La Noche (en castelán) (9769). p. 3. Consultado o 16 de decembro de 2021.
- ↑ "Aunque el encuentro se le presente difícil, el Deportivo puede hacer algo práctico en Málaga". La Noche (en castelán) (9940). 3 de xaneiro de 1953. p. 3. Consultado o 16 de decembro de 2021.
- ↑ "Estoy totalmente recuperado y no me conformo con quedar en la grada". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xaneiro de 1955. p. 5.
- ↑ "Corcuera y Tito Blanco firmaron por el Jerez" (en castelán). 17 de agosto de 1955. p. 5.
- ↑ "Tito Blanco fichó por el Club Ferrol". La Noche (en castelán) (11279). 14 de maio de 1957. p. 5. Consultado o 16 de decembro de 2021.
- ↑ "El Ferrol vence al Oviedo por tres tantos a dos". La Noche (en castelán). 27 de maio de 1957. p. 3. Consultado o 16 de decembro de 2021.
- ↑ "Tito Blanco, al Salgueiros". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de setembro de 1957. p. 4.
- ↑ "Con su victoria frente al Alavés en Mendizorroza, el Ferrol se mantiene en Segunda División". El Pueblo Gallego (en castelán) (11281). 3 de xuño de 1958. p. 8. Consultado o 16 de decembro de 2021.
- ↑ "La inclusión de Castellanos en el Arosa da al adversario de turno un enorme poder". El Progreso (en castelán). 21 de marzo de 1959. p. 4. Consultado o 16 de decembro de 2021.
- ↑ "El Juvenil volvió a perder en Riazor". La Noche (en castelán). 5 de outubro de 1959. p. 8. Consultado o 16 de decembro de 2021.
- ↑ "Una de las más grandes ovaciones en Riazor, escuchó Juan Acuña" (en castelán) (12393). 5 de xuño de 1961. p. 4. Consultado o 16 de decembro de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).