Antonio Alfageme del Busto

empresario galego

Antonio Alfageme del Busto, nado en Vigo o 28 de decembro de 1916 e finado na mesma cidade o 20 de abril de 1974, foi un empresario galego.

Infotaula de personaAntonio Alfageme del Busto
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1916 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de abril de 1974 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Presidente
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Hermenegildo Alfageme Fernández e mais de Rita del Busto Fonte, irmán de Braulio, Hermenegildo e Bernardo. Sucedeu á fronte de Conservas Alfageme o seu pai tras a morte deste en febreiro de 1962. Foi presidente da Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia e cónsul honorario de Chile.[1] En febreiro de 1958 foi elixido presidente da Federación Española Sindical de Buques de Pesca. Foi presidente da Junta de Obras del Puerto de Vigo (1960-1968). Foi presidente do Real Club Celta de Vigo entre 1958 e 1959.

Apareceu apuñalado o 20 de abril de 1974 na súa oficina de Vigo. Aínda que oficialmente o asasinato foi atribuído a Francisco Rodríguez Rodríguez, o marido da súa presunta amante,[2] algúns investigadores relacionan a súa morte co caso Reace.[3]

Recoñecementos editar

  • Grande Oficial da Orde de Bernardo O'Hihhins.
  • Cabaleiro da Orde Militar do Templo de Xerusalén.
  • Medalla ao Mérito no Traballo (1972).

Vida persoal editar

Casou con Montserrat Fontanals Pujadas, tivo cinco fillas.

Notas editar

  1. "El nuevo embajador de Chile en España, llegó ayer a Vigo". El Pueblo Gallego. 26 de setembro de 1959. p. 5. 
  2. "Sentencia por el homicidio de Antonio Alfageme del Busto". ABC (en castelán). 11 de xuño de 1975. 
  3. César Lorenzo Gil (4 de novembro de 2014). "Pepe Rei: así naceu o xornalismo de investigación en Galicia". Biosbardia. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2014. Consultado o 11 de novembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 23–24. ISBN 978-84-8457-448-4. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar