Antonina Fernández García

farmacéutica galega
(Redirección desde «Antonina Fernández Armesto»)

Antonina Fernández García-Armesto, coñecida tamén como Antonina Fernández Armesto, nada na Mezquita o 31 de marzo de 1909, foi unha farmacéutica galega.

Antonina Fernández García
Nacemento31 de marzo de 1909
Lugar de nacementoA Mezquita
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfarmacéutica
CónxuxeJosé Barón Fernández
IrmánsAugusto Assía e Fermín Fernández Armesto
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Filla de Ricarda García Armesto e Fermín Fernández Gómez, e irmá de Felipe Fernández Armesto. Filla e neta de farmacéuticos, fixo o bacharelato en Santiago de Compostela,[1] e estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1932.[2] Foi unha das primeiras mulleres en ter farmacia propia, instalada en Santiago de Compostela. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz no buque Mexique o 27 de xullo de 1939. Retornou a Galicia en 1953 e abriu unha farmacia na Coruña.

Vida persoalEditar

Casou con José Barón Fernández en 1934.

NotasEditar

  1. El Eco de Santiago, 30-5-1927, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 28-1-1932, p. 9.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar