Antonieta de Bèucaire

escritora francesa

Maria Antonieta Rivièra (en francés Marie Antoinette Rivière), nada en Nîmes o 21 de xaneiro de 1840 e finada en Bèucaire o 27 de xaneiro de 1865, foi unha escritora occitana, máis coñecida como Antonieta de Bèucaire. Se ben naceu en Nîmes, os seus pais instaláronse en Bèucaire cando ela tiña tres meses.

Antonieta de Bèucaire
MariaAntonietaRivièra.JPG
Nacemento21 de xaneiro de 1840
 Nîmes
Falecemento27 de xaneiro de 1865
 Beaucaire
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónescritora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Amolada pola morte da súa amiga íntima Zoé en 1860, cando tiña 20 anos, comezou a ir cada día ao camposanto para honrar a súa memoria. Un día de mal tempo enfermou e desde entón case non saíu da casa. Desde entón non tivo moitas ganas de saír adiante, e malia os coidados recibidos en establecementos termais, a súa saúde foi a peor. A partir do 13 de novembro de 1864 xa non puido saír de casa, e finou acompañada do seu amigo Louis Romieu.

Tras a súa morte, en marzo de 1865 apareceu publicada a súa obra Lei belugas, escrita en occitano, acompañada dun conxunto de versos de escritores amigos seus.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar