Antolín Esperón

escritor, profesor e xornalista galego
(Redirección desde «Antolín Esperón Novás»)

Antolín Esperón Novás, nado en Pontevedra o 6 de setembro de 1821[1] e finado na mesma cidade o 7 de decembro de 1895[2], foi un avogado, escritor, profesor e xornalista galego.

Infotaula de personaAntolín Esperón
Biografía
Nacemento6 de setembro de 1821 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de decembro de 1895 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Xixón
1851 – 1852 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , avogado , catedrático , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 4534

Traxectoria editar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. No Instituto de Pontevedra desempeñou a cátedra de Retórica e Política e Clásicos latinos. Foi fiscal da Delegación de Facenda e síndico do Concello. Trasladouse a Madrid onde exerceu a avogacía e adquiriu fama de orador. Impartiu clases de Literatura e Elocuencia, Historia de España e Dereito penal e Administrativo. Foi Alcalde de Xixón (1851-1852) e Comisario provincial de Albacete. En 1855 volveu a Pontevedra. En 1859 traballaba como censor, e autorizou a publicación de La hija del mar de Rosalía de Castro[3].

Foi deputado provincial polo distrito de Ponte Caldelas e profesor de francés, catedrático e director do Instituto (1881). No Instituto de Pontevedra pronunciou o seu discurso con motivo do bicentenario da morte de Calderón de la Barca. Pertenceu á Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e foi membro fundador da de Pontevedra. Foi redactor de Las Musas del Lérez, La Distracción, El Restaurador, La Constancia, La Reforma e Diario de Pontevedra e colaborou nas publicacións madrileñas La Ilustración, La Patria, El Continental e El Heraldo.

Obras editar

  • Memoria descriptiva de la villa de Gijón (1852)

Homenaxes editar

O concello de Pontevedra acordou dedicarlle unha rúa da cidade en 1896.

Notas editar

  1. Couceiro Freijomil, A. (1951). "Esperón Novás, Antolín". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 392. 
  2. Noticia en Diario Oficial de Avisos de Madrid, 21-12-1895, p. 2.
  3. Pociña Pérez, A.; López López, A. (2000). Rosalía de Castro. Estudios sobre a vida e a obra. Laiovento. p. 35. 
  4. "Manifiesto al público de Pontevedra: sobre la creación de una academia de jurisprudencia". Minerva. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar