O antinatalismo[1] é a posición filosófica, política ou demográfica contraria á reprodución e o nacemento de novos seres humanos. O antinatalismo é o contrario ó natalismo.

Arthur Schopenhauer (1788-1860), expoñente da posición antinatalista.

O antinatalismo pode ter fundamentos filosóficos, de carácter ético e moral, políticos e demográficos.[2] Pode ser defendido a título individual, por asociacións e por gobernos e organismos internacionais que desenvolvan políticas de poboación antinatalistas para alcanzar obxectivos socioeconómicos e estratéxicos que requiren un óptimo de poboación.

Antinatalismo radical e antinatalismo demográfico editar

As posicións antinatalistas radicais, que cuestionan calquera nacemento, con posturas antinatilistas de carácter demográfico, que defenden un control da natalidade e un control da poboación aó considerar que unha poboación mundial excesiva (superpoboación) pode ter consecuencias desastrosas para a humanidade e a súa supervivencia á vista dos límites de crecemento da Terra.

Folga de ventres e neomalthusianismo editar

A finais do século XIX e principios do XX un grupo de autores franceses neomalthusianos -Fernand Colney –autor da grève des ventres en 1907-, Paul Robin, Eugène Humbert, León Marimont, André Lorulot, Gabriel Giroud e o español Luis Bulffi de Quintana defenderon a Folga de ventres como medida antinatalista demográfica que reducise o número de fillos e por tanto de familias numerosas -nas clases baixas- que acababan na miseria. Todos eles foron membros da "liga da rexeneración humana" ou xeración consciente e son considerados como os primeiros defensores de uso dos métodos anticonceptivos e precursores, polo tanto, da planificación familiar.[3]

Políticas antinatalistas editar

As políticas antinatalistas son aquelas que están a prol do control demográfico sobre a consideración do exceso demográfico. Estas políticas de control da natalidade practícanse por algúns gobernos, con diferente éxito, dende os anos 1970 (en 1972 publicouse o primeiro informe Os límites do crecemento). A posición demográfica máis radical é a Política do fillo único na República Popular da China. Tamén se levaron a cabo políticas de planificación familiar (educación sexual, métodos anticonceptivos) en numerosos países, entre eles a India.

Os límites do crecemento editar

O informe de 1972 Os límites do crecemento, financiado polo Club de Roma e que será actualizado en 1992 e 2004, sostén basicamente que se o incremento da poboación mundial, a industrialización, a contaminación, a produción de alimentos e a explotación dos recursos naturais mantense sen variación, alcanzará os límites absolutos de crecemento na terra durante as próximas décadas. Basicamente o informe sinala a imposibilidade de soster un alto crecemento da poboación cun crecemento económico, limitado polos recursos dispoñibles, que satisfaga as necesidades desa poboación.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar