Antergos é unha distribución de Linux baseada en Arch Linux de actualización continua (rolling release) e coa súa orixe galega.[1] Emprega o ambiente de escritorio GNOME 3 por defecto mais pode instalarse con Cinnamon, MATE, KDE Plasma 5 e Xfce.

Antergos
DesenvolvedorAlexandre Filgueira e a comunidade Antergos
Familia de S.O.Linux
Lanzamento5 de xullo de 2012
En galegoSi
Espazo de usuarioGNOME 3 (entre outros)
Modelo de desenvolvementoCódigo aberto
NúcleoLinux
Tipo de núcleoMonolítico
LicenzaGPL e outras
Última versión estable17.7 (actualización continua) 09/07/2017
Estado actualEn desenvolvemento
Precedido porArch Linux
Sitio webwww.antergos.com

Liberouse en 2012 como Cinnarch e pasou a chamarse Antergos en edicións de 2013. En 2017 foi das dez distribución máis populares.[2]

O nome da distribución provén da palabra galega "antergos".

Historia e fitos de desenvolvemento editar

 
Menú de Antergos

O seu desenvolvemento comezouno Alexandre Filgueira estudando na Universidade da Coruña no 2012. Tiña empregado a ferramenta archiso para editar Arch Linux coas súas configuración habitual. Con Archboot foi creando un instalador gráfico para a súa edición da distribución. Como viu que as súas primeiras edicións de Arch Linux, que tiñan o fork de GNOME Cinammon, non tiñan outra distribución similar, o 5 de xullo de 2015 decidiu publicar e difundir nos medios de Arch Linux a súa edición, que denominou Cinnarch.[1][3][4] Empregábase Cinnamon como alternativa a GNOME 3. A súa variante da distribución e comezou a popularizarse en Distrowatch. En breve uniuse ao desenvolvemento Gustau Castells e comezaron a incluír máis alternativas de ambientes de escritorio. En abril de 2013 mudaron de Cinnamon a GNOME 3.6, pola dificultade de continuar mantendo Cinnamon e avances no desenvolvemento de GNOME 3.

O 12 de maio de 2013 publicaron unha nova versión da súa distribución e como xa non só incluía Cinnamon, renomeárona a Antergos.[5][6][7]

Antergos colabora con Numix, un proxecto para a edición do tema Numix-Frost e iconas Numix-Square, desde a versión 2014.05.26 para cambiar o seu aspecto visual.[8]

Desde marzo de 2015 Antergos conta cunha edición mínima, "Antergos Minimal ISO", que só inclúe os compoñentes esenciais para o instalador.[9]

Características editar

Os paquetes de Antergos xestiónanse con Pacman e cun instalador gráfico e ten a súa interface de instalación propia. Para instalacións, conta cos repositorios de Arch, "Arch User Repository (AUR)" e outros repositorios propios. Instala a versión LTS ("Long Term Support", ou "versión con soporte a longo prazo") do kernel de linux.

O primeiro ambiente de escritorio co que contou foi Cinnamon, unha alternativa a GNOME Shell. Agora inclúe a Cinnamon, GNOME (a predefinida), KDE Plasma 5, MATE, openbox e Xfce. Emprega o navegador Chromium e non conta cunha suite ofimática por defecto.[10]

Antergos está traducido completamente a 15 linguas e cun bo soporte para máis de 30. Estase traducindo a un total de 72 linguas. Entre elas atópanse linguas como o asturiano, catalán, galego, portugués, e incluso o esperanto.[11]

Lanzamentos editar

A primeira imaxe ISO de Cinnarch publicouse xullo de 2012 en SourceForge.[12] Antergos é unha distribución de actualización continua, ou "rolling release". A última edición principal foi a 17.4. Pódense destacar como principais edicións as seguintes:

Versión Data de lanzamento
17.4 09/07/2017
17.1 04/01/2017
2016.11.20 20/11/2016
2015.12.29 29/12/2015
2015.04.12 12/04/2015
2014.08.07 07/08/2014
2014.05.27 26/05/2014
2013.11.17 17/11/2013
2013.08.22 20/08/2013
2013.05.13 12/05/2013
2013.04.05 05/04/2013
2013.01.23 23/01/2013
2012.12.21 12/12/2012
2012.11.22 22/11/2012
2012.10.01 01/10/2012
2012.09.07 07/09/2012
2012.07.19 19/07/2012
2012.07.07 07/07/2012
2012.07.05 05/07/2012

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Así es Antergos, la joya de la corona de las distros Linux españolas". Consultado o 6 de maio de 2017. 
  2. "Antergos". DistroWatch. 
  3. Noyes, Katherine (26 de novembro de 2012). "With 'Cinnarch,' Arch Linux gets a sprinkle of Cinnamon". PC World. IDG. Consultado o 16 de xullo de 2013. 
  4. von Eitzen, Chris (23 de novembro de 2012). "Cinnarch: Arch Linux with Mint's Cinnamon desktop". The H - Open. Heinz Heise. Consultado o 6 de maio de 2017. 
  5. faidoc (11 de abril de 2013). "Cinnarch GNOME 2013.04.11 – Last release under the Cinnarch name". Antergos Linux. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2015. Consultado o 6 de maio de 2017. 
  6. Noyes, Katherine (23 de maio de 2013). "Another Day, Another Distro: Antergos Linux Is Born". LinuxInsider. ECT News Network, Inc. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2018. Consultado o 6 de maio de 2017. 
  7. Noyes, Katherine (14 May 2013). "So Long, Cinnamon: Cinnarch Linux is reborn as Antergos". PC World. IDG. Consultado o 16 July 2013. 
  8. faidoc (26 May 2014). "Antergos 2014.05.26 available". Blogue de Antergos. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2015. Consultado o 6 de maio de 2017. 
  9. Falgout, Dustin (7 March 2015). "Antergos Minimal ISO: For Those Who Don’t Need a Full Live Environment and Want a Faster Download.". Antergos blog. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 6 de maio de 2017. 
  10. Antergos Applications List (defaults) Arquivado 08 de abril de 2016 en Wayback Machine.. Publicado o 22 de decembro de 2015
  11. Antergos en Transifex
  12. Cinnarch - your favorite distro with Cinnamon desktop

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar