Antón Viana Conde

avogado e político galego

Antón Viana Conde, nado en Vigo o 6 de decembro de 1924 e finado na mesma cidade o 15 de decembro de 1998,[1] foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaAntón Viana Conde
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1924 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de decembro de 1998 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Rogelio Viana, secretario de xulgado, e Ángela Conde. Licenciado en Dereitoo pola Universidade de Santiago de Compostela en 1951. Aos 26 anos dedicouse á avogacía e chegou a dirixir un gabinete de avogados en Vigo. Foi conselleiro da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, presidente de Sigalsa e asesor do Celta de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación como académico de honra. Foi un dos primeiros accionistas da Editorial Galaxia e na Transición militou no Partido Galeguista, do que foi elixido vicepresidente en 1978. Colaborou en La Voz de Galicia.

Obras editar

  • Esbozos urbanísticos..., 1967.
  • El arrendamiento urbano en España, 1992.

Vida persoal editar

Casou con María del Carmen Tomé Lorenzo e foi pai de Antonio, Javier, Marta, Beatriz e Pablo Viana Tomé.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, Vigo, 16-12-1998, p. 42.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar