Antón Santamarina Delgado

escritor e político galego

Antón Santamarina Delgado, nado en Melilla o 16 de novembro de 1928, é un escritor e político galego.

Infotaula de personaAntón Santamarina Delgado

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1928 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Melilla, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , escritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa e poesía
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

AELG: 10

Traxectoria editar

Fillo dun sarxento de artillaría, con ano e medio por cambio de destino do pai, pasou a vivir a Axdir, no Rif; de onde procede o pseudónimo Alí Ben Omar que utilizaría para asinar moitos artigos. En 1933 trasladáronse a Coruña. En 1936 o pai foi detido por non se ter pregado á rebelión militar, permanecendo preso durante catro anos, e Antón vai vivir cos avós paternos a Guitiriz. Cando o pai saíu da prisión, Antón regresou a Coruña e estudou o bacharelato que rematou en 1947. Ao ano seguinte titulouse como mestre de primeiro ensino. Dedicouse a dar clases a domicilio a estudantes de secundaria. Pero a Lei de responsabilidades políticas complicoulle a existencia a toda a familia: O pai marchou a Arxentina en 1951, Antón seguiu os seus pasos e embarcou en Vigo en xuño de 1953; o resto da familia (a nai, a irmá máis nova e a súa muller) tamén partiron entre 1954 e 1955.

En Bos Aires fundou o coro Brétemas e Raiolas, remedo do homónimo da Coruña, do que foi presidente. En 1953 uniuse a Vidal Pérez Graña, Carlos Abraira, Antón Moreda, Pilar Jeremías Cela, Denis Conles Tizado, Manuel Cordeiro e Xosé Neira Vilas para fundar as Mocedades Galeguistas, das que foi o primeiro presidente.

Foi homenaxeado non XVI Encontros na Terra Chá, o 5 de setembro de 2008.

Obras editar

Poesía editar

Narrativa editar

Obras colectivas editar

  • Prontuário ortográfico galego, 1985, AGAL.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar