Antón Garrote

regatista galego


Antón Garrote Esteve, nado na Coruña o 17 de agosto de 1972, é un ex-regatista e adestrador de vela galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1996.

Infotaula de personaAntón Garrote
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónregatista Editar o valor em Wikidata
Deportevela Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nacido na Coruña, a curta idade trasladouse coa súa familia a Barcelona.[1] Comezou a practicar vela de neno, entrando aos 11 anos no Club Náutico El Masnou. Con 23 anos logrou unha praza para participar nos Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta, onde participou na clase laser. Rematou a competición olímpica no posto 22, sendo a medalla de ouro para o brasileiro Robert Scheidt.[2]

Tras deixar as competicións, converteuse en adestrador. Preparou os equipos da clase laser de Noruega nos Xogos Olímpicos de 2016 e 2020. Nos Xogos de Toquio, un dos seus pupilos, Hermann Tomasgaard, conseguiu a medalla de bronce.[3]

Notas editar

  1. "Viento de oro". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 1996. p. 59. 
  2. "Resultados da clase laser en Atlanta 1996". olympedia.org (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2021. 
  3. "Anton Garrote, entrenador del medallista olímpic de vela a Tokyo 2020 Hermann Tomasgaard" (en catalán). 2 de agosto de 2021. Consultado o 9 de setembro de 2021.