Antón Costas Comesaña

economista español

Antón Costas Comesaña, nado en Matamá (Vigo) en 1949, é un economista galego.

Infotaula de personaAntón Costas Comesaña

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
19º President of Cercle d'Economia (en) Traducir
2013 – 2016
← Josep PiquéJuan José Brugera Clavero (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Director de teseFabián Estapé (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomía e Política económica Editar o valor em Wikidata
Ocupacióneconomista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 279363

É catedrático de Economía Aplicada na Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Barcelona, e investigador do IREA, Institut de Recerca en Economia Aplicada Regional i Pública nesa mesma universidade.

En 2024 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias.[1]

Traxectoria editar

As súas investigacións céntranse na economía política dos procesos de liberalización, o regulamento e a competencia. Ocupou o cargo de Valedor do Cliente de Endesa Cataluña e en 2006 foi elixido presidente do consello de administración da mesma compañía. Formado co recoñecido economista catalán Fabià Estapé, compaxina a investigación coa divulgación colaborando en diversos xornais, como El País, onde mantén unha columna na edición de Cataluña, e Vieiros, edición Barcelona. Está vinculado ao centro UIMP Galicia (Universidade Internacional Menéndez y Pelayo), onde organizou varios cursos, entre os que cómpre salientar o seminario destinado á orientación formativa e investigadora destinada aos mellores expedientes de bacharelato de Galicia que se celebra desde 2003. Forma parte do padroado da Fundació Ernest Lluch.

En 2012 apadriñou aos 27 novos licenciados en Economía da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo[2]

En 2021 foi nomeado presidente do Consejo Económico y Social de España [3]

Libros publicados editar

  • Apogeo del liberalismo en "La Gloriosa": la reforma económica en el sexenio liberal (1868-1874). Madrid: Siglo XXI de España, 1988.
  • Descentralización y calidad de las políticas locales. Barcelona: Deputación de Barcelona, 1998.
  • Ideas y políticas en la economía española de la crisis, edición con José María Serrano. Zaragoza: Universidade, 1988.
  • Introducción al pensamiento económico: una perspectiva española, con Fabià Estapé e José María Serrano. Madrid: Espasa-Calpe, 1990.
  • Estadística de Barcelona en 1849, con Laureà Figuerola. Barcelona: Alta Fulla, 1993.
  • Diez ensayos sobre economía española, con José María Serrano Sanz. Madrid: Pirámide, 1995.
  • Problemas económicos en las sociedades avanzadas. Madrid: Fundación Argentaria, 1996.
  • Problemas económicos en las sociedades avanzadas. Madrid: Biblioteca Nueva, 1997.
  • Els beneficis de la liberalització dels productes. Barcelona: Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona, 1997. Con versión ao castelán: Los beneficios de la liberalización de los mercados de produtos.
  • Cooperación y desarrollo: hacia una agenda comprehensiva para el desarrollo, coordinación con Gemma Cairó i Céspedes (coords). Madrid: Pirámide, 2003.
  • La torre de la arrogancia, con X.C. Arias, Barcelona: Ariel, 2012
  • La nueva piel del capitalismo, con X.C. Arias, Barcelona: Galaxia Gutenberg, 2016
  • El final del desconcierto, Barcelona: Península, 2017
  • Laberintos de prosperidad, con X.C. Arias, Barcelona: Galaxia Gutenberg, 2021

Notas editar

  1. Diario, Nós (2024-02-19). "David Chipperfield, Antón Costas e José Manuel Fernández ingresan na Real Academia Galega das Ciencias". Nós Diario. Consultado o 2024-02-20. 
  2. "27 novos economistas apadriñados polo catedrático da Universidade de Barcelona Antón Costas". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2014. Consultado o 08 de xullo de 2013. 
  3. CES (12-maio-2021). Video de presentación (Youtube).