Antón Arias Curto

independentista galego

Antón Arias Curto, nado en Monforte de Lemos en 1944, é un militante independentista galego, líder da organización terrorista Loita Armada Revolucionaria (LAR), activa entre 1978 e 1980 e do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive entre 1986 e 1988.[1][2]

Infotaula de personaAntón Arias Curto
Biografía
Nacemento1944 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmecánico industrial Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata
Outro
FillosLhosca Arias Editar o valor en Wikidata
Condenado porterrorismo (1980)
→ (3 encarceramento)
→ Final: 1983, Amnistía
terrorismo (1988)
→ (7,5 encarceramento)
→ Final: setembro de 1995, cumprimento da condena Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Traballou como mecánico industrial e durante o franquismo foi un dos fundadores do Partido Comunista de Galicia en París en 1969, e o Tribunal de Orde Pública condenouno en 1970. A morte de Moncho Reboiras e a de dous traballadores en Vigo en 1972 fíxoo achegarse ao independentismo galego.

Nas eleccións municipais de 1979 encabezou a candidatura de Unidade Galega á alcaldía de Monforte de Lemos,[3] e foi escollido concelleiro. Detido polo seu vínculo con Loita Armada Revolucionaria (LAR) en setembro de 1980, tamén foi acusado de recibir armas a través do membro de ETA Txomin Iturbe, quen llas entregou en Vitoria.[4] Ademais, recibiu formación en armas e explosivos con ETA.[2]

En 1983 o goberno do PSOE amnistiouno, pero en 1986 foi un dos principais responsables da fundación do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC).[5] Foi novamente detido o 5 de maio de 1988[6] e condenado a 10 anos de prisión. En setembro de 1995 foi liberado ao cumprir as dúas terceiras partes da condena.

Vida persoal

editar

Pai do produtor audiovisual Lhosca Arias.

  1. Conde Muruais, P. (7 de setembro de 1980). "Nacionalistas gallegos, acusados de mantener contactos con ETA". El País (en castelán). 
  2. 2,0 2,1 José Luis Orella (2020). Universidad CEU San Pablo, ed. "El terrorismo en la Europa del bienestar. Del Mayo del 68 a la caída del Muro" (PDF). Consultado o 6 de outubro de 2023. 
  3. BOP Lugo, 2-3-1979, p. 4.
  4. Conde Muruais, P. (7 de setembro de 1980). "Nacionalistas gallegos, acusados de mantener contactos con ETA". El País (en castelán). .
  5. Fernández Baz, M. A. (2003). A formación do nacionalismo galego (1963-1984). Laiovento. p. 167. 
  6. Pereiro, X. M. (30 de maio de 1988). "Del comunismo al nacionalismo". El País (en castelán). 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar