Anoplogástridos
Os Anoplogástridos (Anoplogastridae, Gill 1893) é unha familia de peixes abisais teleósteos, da orde dos Bericiformes (Beryciformes).
Características
editarO nome inglés destes peixes, Fangtooth, fai referencia ós grandes dentes cairos que posúe, enormes en relación co tamaño do corpo.
Teñen unha gran cabeza cunha enorme mandíbula, dotada duns cairos na mandíbula inferior que son necesarias unhas cavidades na parte superior para aloxalos.
Clasificación
editarCoñécese só un xénero, con dúas especies:
- Xénero Anoplogaster:
- Anoplogaster brachycera (Kotlyar, 1986)
- Anoplogaster cornuta (Valenciennes en Cuvier e Valenciennes, 1833)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Anoplogástridos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Anoplogástridos |