Anomalisa

filme de 2015 dirixido por Charlie Kaufman

Anomalisa é un filme estadounidense de 2015 escrito e dirixido por Charlie Kaufman, quen dirixiu xunto con Duke Johnson. Baséase na obra homónima de Kaufman de 2005 que fixo baixo o alcume Francis Fregoli, o cal é unha exploración da síndrome de Fregoli.[4][5] Anomalisa conta a historia dun experto de atención ao cliente, Michael Stone (voz de David Thewlis), que percibe a todas as demais persoas (Tom Noonan) como idénticas, agás Lisa Hesselman (Jennifer Jason Leigh), a quen coñece nun hotel de Cincinnati.

Anomalisa
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalAnomalisa
Director
Produtor
GuiónCharlie Kaufman
Baseado enAnomalisa de Charlie Kaufman
Intérpretes
MúsicaCarter Burwell
FotografíaJoe Passarelli
MontaxeGarret Elkins
Estudio
DistribuidoraParamount Pictures[1]
EstreaTelluride: 4 de setembro de 2015
30 de decembro de 2015
Duración90 minutos[2]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia e drama psicolóxico
Orzamento8 millóns de dólares[3]
Recadación5,7 millóns de dólares[3]
Na rede
http://www.anomalisa.com/
IMDB: tt2401878 Filmaffinity: 980148 Allocine: 223076 Rottentomatoes: m/anomalisa Mojo: anomalisa TCM: 2084415 Metacritic: movie/anomalisa Editar o valor en Wikidata

Anomalisa estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 4 de setembro de 2015, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 30 de decembro a través de Paramount Pictures. O filme recibiu a aclamación da crítica, con eloxios polo seu guión, dirección e contido temático. Foi nomeado ao Óscar ó mellor filme de animación na 88ª edición dos premios, sendo o primeiro filme cunha clasificación para maiores de idade en ser nomeado nesta categoría.[6] Tamén foi nomeado nos Globos de Ouro. Gañou o Premio do Xurado na 72ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia, sendo o primeiro filme animado en conseguilo.[7]

Personaxes

editar
  • David Thewlis como Michael Stone, un home de mediana idade e acento británico e un experto en atención ao cliente cunha actitude maioritariamente negativa. Para el, todas as persoas parecen e soan igual agás Lisa, a quen el percibe como diferente.
  • Jennifer Jason Leigh como Lisa Hesselman, unha muller doce pero insegura que está no hotel para asistir á charla de Michael sobre atención ao cliente.
  • Tom Noonan como todos os demais.
  1. 1,0 1,1 1,2 "Anomalisa (2016)". AFI Catalog of Feature Films. Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  2. "ANOMALISA (15)". British Board of Film Classification. 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 25 de xaneiro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "Anomalisa". Box Office Mojo. IMDb. Consultado o 21 de febreiro de 2016. 
  4. "Anomalisa". www.rcpsych.ac.uk (en inglés). Consultado o 2020-08-08. 
  5. Lawless, Jill (9 de setembro de 2015). "Charlie Kaufman wows Venice critics with inventive adult animation 'Anomalisa'". U.S. News and World Report. Consultado o 17 de setembro de 2015. 
  6. King, Melissa. "Movie addict: Discover the extraordinary in 'Anomalisa'". St. Cloud Times (en inglés). Consultado o 2021-06-17. 
  7. "Official Awards of the 72nd Venice International Film Festival". Festival Internacional de Cinema de Venecia. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2017. Consultado o 10 de febreiro de 2017.