Anolis gorgonae é unha especie de réptil escamoso da familia Polychrotidae.[1] É endémico da illa Gorgona, en Colombia.[1] É de cor azul agrisado; vive no interior da selva de Gorgona a adoita permanecer nos toros das árbores.

Estado de conservación editar

Por mor do hábitat illado e a natureza esquiva de A. gorgonae, foi difícil estimar exactamente a súa poboación, mais os expertos sinalan que está en perigo de extinción.[2] A especie está a ser devorada polo introducido Basiliscus galeritus e está ameazada pola deforestación.[2] O maior dano causado no hábitat de A. gorgonae ocorreu cando se construíu o cárcere de Gorgona no interior da illa na década de 1950.[2] Suxeriuse que algúns exemplares fosen capturados para un programa de reprodución en cativerio.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Bisby F., Roskov Y., Culham A., Orrell T., Nicolson D., Paglinawan L., Bailly N., Appeltans W., Kirk P., Bourgoin T., Baillargeon G., Ouvrard D., eds (2012). "Species 2000 & ITIS Catalogue of Life, 2012 Annual Checklist" (en inglés). Readin, Reino Unido. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "World's only pure blue lizard at risk of extinction - mongabay - 7 March 2007". Mongabay.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2011. Consultado o 9 de agosto de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar