Anniken Huitfeldt
política norueguesa
Anniken Huitfeldt, nada o 29 de novembro de 1969 en Bærum, é unha política norueguesa do Partido dos Traballadores Noruegueses
Anniken Huitfeldt | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 29 de novembro de 1969 |
Bærum | |
Nacionalidade | Noruega |
Alma máter | Universidade de Oslo |
Ocupación | política e historiadora |
Irmáns | Astrid Huitfeldt e Anders Huitfeldt |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Anniken procede dunha antiga familia nobre de orixe dinamarquesa, os Huitfeldt e é sobriña do político conservador, Fritz Huitfeldt. Anniken medrou na pequena cidade de Jessheim, ó norte de Oslo. Entre 1996 e 2000 foi a líder da Liga de Traballadores Novos, as mocidades do Partido dos Traballadores.
No ano 1993 foi elixida deputada no Storting representando a Akershus, permaneceu ata 1997, en 2001 volveu de novo ó parlamento. Foi membro do Consello de Goberno de Save the Children (2001-2007). O 29 de febreiro de 2008 converteuse en ministra para a Infancia e a Igualdade no segundo gabinete de Jens Stoltenberg.