Anne Hutchinson (de solteira Anne Marbury), nada en Alford (Lincolnshire) en xullo de 1591 e finada nos Novos Países Baixos en agosto de 1643, foi unha teóloga e conselleira espiritual inglesa, recoñecida pola súa importante participación na controversia antinomista que sacudiu a nova colonia da Baía de Massachusetts entre 1636 e 1638. As súas fortes conviccións relixiosas discordaban co clero puritano establecido na área de Boston, e a súa popularidade e carisma axudaron a crear un cisma teolóxico que ameazou con destruír as comunidades relixiosas de Nova Inglaterra. Finalmente foi xulgada e condenada e desterrada da colonia con moitos dos seus seguidores.

Infotaula de personaAnne Hutchinson

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Anne Hutchinson
(en) Anne Marbury Hutchinson Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Anne Marbury Editar o valor em Wikidata
1591 Editar o valor em Wikidata
Alford (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1643 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Novos Países Baixos, Provincias Unidas Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
RelixiónProtestantismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónEnsino doméstico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Boston
Portsmouth (Rhode Island) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatrona , teólogo , predicadora Editar o valor em Wikidata
Empregadorcomerciante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeWilliam Hutchinson (Rhode Island) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosEdward Hutchinson (en) Traducir, Bridget Hutchinson (en) Traducir, Susanna Hutchinson (en) Traducir, Faith Hutchinson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFrancis Marbury (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Bridget Dryden (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webannehutchinson.com Editar o valor em Wikidata
WikiTree: Marbury-2 Find a Grave: 7177401 Editar o valor em Wikidata

Hutchinson é unha figura clave da historia da liberdade relixiosa nas colonias americanas e na historia das mulleres no sacerdocio, desafiando a autoridade dos sacerdotes. É honrada por Massachusetts cun monumento en que a chama "valente expoñente da liberdade civil e da tolerancia relixiosa".[1] Foi denominada a muller inglesa máis famosa da historia colonial americana.

Traxectoria editar

Primeiros anos e viaxe a Norteamérica editar

Anne Hutchinson naceu en Lincolnshire e foi bautizada o 20 de xullo de 1591. Era filla de Francis Marbury e Bridget Dryden. Anos despois coñeceu o reverendo John Cotton, quen se converteu no seu mentor. Ao abandonar Cotton Inglaterra, Anne tamén decidiu marchar. Xunto ao seu esposo William e os seus fillos abandonaron Inglaterra e establecéronse na colonia de Massachusetts Bay en 1634. En devandito lugar, Anne comezou a levar a cabo reunións semanais para discutir sobre teoloxía e para impartir consello espiritual.[2]

Xuízo e castigo editar

Algunhas das súas crenzas relixiosas non caeron ben entre algúns dos seus veciños puritanos. Eles crían que para gañar a salvación e a vida eterna debían levar a cabo obras de caridade na terra. Hutchinson cría que soamente a fe era suficiente.[3] Tamén cría que Deus se manifestaba ao home directamente, sen necesidade do clero. Os líderes comunitarios comezaron a ver a Hutchinson como un grave problema.

Comezou a acusar os sacerdotes locais (agás a Cotton e o cuñado do seu marido John Wheelwright) de predicar un "compromiso coas obras" en lugar dun "compromiso coa graza", e moitos sacerdotes comezaron a queixarse das súas acusacións de insolencia ademais de certas ensinanzas teolóxicas que non estaban de acordo coa teoloxía puritana ortodoxa. A situación finalmente estalou no que se coñece como a controversia antinomista, que culminou co seu xuízo e condena por herexía en 1637, xunto co seu desterro da colonia.[4] A isto seguino o xuízo pola igrexa en marzo de 1638 no que foi apartada da congregación.

Falecemento editar

Hutchinson e moitos dos seus seguidores estableceron o asentamento de Portsmouth co apoio do fundador de Providence Plantations Roger Williams, no que se converteu na Colonia de Rhode Island e Providence Plantations. Trala morte do seu marido en 1642, a ameaza de que Massachusetts quedase con Rhode Island empuxaron a Hutchinson a moverse fóra completamente de Boston cara ás rexións neerlandesas. Cinco dos seus fillos superviventes máis vellos permaneceron en Nova Inglaterra ou en Inglaterra, mentres que ela se estableceu cos seus fillos máis novos preto dunha antiga terra coñecida como Split Rock, que logo se converteu en The Bronx en Nova York. As tensións eran fortes nese tempo cos siwanoys. En agosto de 1643, Hutchinson, seis dos seus fillos e outros propietarios foron masacrados polos siwanoys durante a guerra de Kieft. A única supervivente foi a súa filla de nove anos Susanna, que foi tomada prisioneira.[5] A súa morte foi vista polos puritanos da baía de Massachusetts como a clara evidencia do xuízo divino na terra.[6]

Perdón editar

En 1987, o gobernador de Massachusetts Michael Dukakis absolveu a Anne Hutchinson, revogando a orde de desterro que se lle dera 350 anos antes.[7]

Notas editar

  1. Orixinal: "Courageous exponent of civil liberty and religious toleration". Citado en Reed, Lawrence (27 de marzo de 2017). "Anne Hutchinson: The spirit of religious liberty". Learnliberty.org (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2019. 
  2. "America's Christian Leaders: Anne Hutchinson". The Forerunner. 2008. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2017. Consultado o 2011. 
  3. Encyclopedia: Anne Hutchinson
  4. "Historic Overview". Hutchinson River Parkway. Consultado o 2012. 
  5. PBS God in America: Anne Hutchinson
  6. Britannica: Anne Hutchinson
  7. LaPlante, Eve (2004). American Jezebel, the Uncommon Life of Anne Hutchinson, the Woman who Defied the Puritans. San Francisco: Harper Collins. ISBN 0-06-056233-1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar