Anne Hidalgo

Política francesa. Alcaldesa de París

Anne Hidalgo, nada como Ana María Hidalgo Aleu en San Fernando, Cádiz o 19 de xuño de 1959, é unha política francesa de orixe española, pertencente ao Partido Socialista Francés, e actual alcaldesa de París.

Anne Hidalgo
(Anne Hidalgo) 2020. Jacques Paquier. Pécresse - Ollier - Hidalgo (cropped).jpg
Nome completoAna María Hidalgo Aleu
Nacemento19 de xuño de 1959
Lugar de nacementoSan Fernando
NacionalidadeFrancia, España e España
EtniaInmigración española en Francia
Relixiónateísmo
Alma máterJean Moulin University - Lyon 3 e Universidade de Paris X - Nanterre
Ocupaciónpolítica, Personnel of direct services to individuals e participante do fórum internacional
CónxuxeJean-Marc Germain e Philippe Jantet
FillosMatthieu Jantet-Hidalgo, Elsa Jantet-Hidalgo e Arthur Germain
IrmánsMary Hidalgo
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, Medalla de Andalucía, officier de l'ordre national du Mérite, Knight of the National Order of the Lion, The Order of the Rising Sun, Gold Rays with Neck Ribbon e sen etiquetar
Na rede
https://www.paris.fr/pages/anne-hidalgo-2252
Facebook: HidalgoAnne Twitter: Anne_Hidalgo Instagram: annehidalgo Editar o valor em Wikidata
Firma de Anne Hidalgo.svg
editar datos en Wikidata ]

Nas eleccións municipais de 2014 da cidade parisiense, converteuse na primeira alcaldesa de París.[1]

BiografíaEditar

Primeiros anos e formaciónEditar

Nada en 1959, en San Fernando, Provincia de Cádiz, cando tiña dous anos a súa familia trasladouse a vivir a Lión, en Francia, onde cursou estudos universitarios.[2][3] En 1973 ela e a súa familia se naturalizaron franceses. Cambiou o seu nome de nacemento, Ana, por Anne. Despois trasladouse a París.

Funcionaria e políticaEditar

En 1982 gañou unhas oposicións para traballar como funcionaria na Inspection du travail. Os seus pais xa volveran a San Fernando, onde ela viaxa con frecuencia, pero Hidalgo elixiu seguir en Francia.

Pertence ao Partido Socialista francés desde 1994. Entre 1997 e 2002 traballou en tres ministerios, destacando a súa colaboración na elaboración de leis sobre paridade e igualdade profesional entre homes e mulleres. De 2001 a marzo de 2014 foi a primeira adxunta do anterior alcalde de París, o socialista Bertrand Delanoë. En 2003 tramitou a dobre nacionalidade francesa e española. O 26 de xuño de 2004 contraeu matrimonio en segundas nupcias con Jean-Marc Germain, con quen ten un fillo.[4][5] Ela ten dous fillos máis dunha relación precedente.

Retirouse como funcionaria en 2011.[6]

Alcaldesa de ParísEditar

O 30 de marzo de 2014 converteuse na primeira alcaldesa da historia de París, logrando a vitoria fronte á aspirante conservadora Nathalie Kosciusko-Morizet co 54,5% dos votos, aínda que Hidalgo perdeu na primeira volta.[7]

Vida persoalEditar

A pesar de ter unha educación católica, Hidalgo é abertamente atea.[8][9][10]

CondecoraciónsEditar

NotasEditar

  1. Ravinel, Sophie de (28 de setembro de 2012). "À Cadix, Hidalgo soigne son image en pensant à 2014". Le Figaro (en francés). ISSN 0182-5852. Consultado o 27/6/2017. 
  2. www.thepeerage.com (en inglés).
  3. "Une Lyonnaise à l’assaut de Paris". mag2lyon (en francés). 23/11/2012. Arquivado dende o orixinal o 26/04/2020. Consultado o 11/03/2020. 
  4. "Jean-Marc Germain, homme de l'ombre de Martine Aubry et époux d'Anne Hidalgo". Paris Maville (en francés). 17/6/2012. 
  5. Torres, Ángela (5/4/2014). "Anne Hidalgo, alcaldesa de París: 'Pertenezco a España y a Francia'". El Mundo (en castelán). 
  6. Federbusch, Serge (9/4/2013). "Anne Hidalgo, 53 ans, retraitée depuis juillet 2011" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 07/08/2018. Consultado o 11/03/2020. 
  7. "La gaditana Anne Hidalgo será la primera mujer al frente de la alcaldía de París" RTVE, 31/3/2014.
  8. Gurrey, Béatrice "Anne Hidalgo, première dame" Le Monde. 4/4/2014 (en francés).
  9. "Quand Anne Hidalgo s'essaie à l'anglais pour critiquer Donald Trump, c'est...très gênant" Arquivado 05 de novembro de 2018 en Wayback Machine. Atlantico. 13/5/2016 (en francés).
  10. «À Cadix, Hidalgo soigne son image en pensant à 2014», Le Figaro, 28/9/2012, actualizado o 30/9/2012.
  11. Muñoz Fossati, M. (5/3/2017). "La alcaldesa de París, Anne Hidalgo, I Premio Federico Joly". Diario de Jerez (en castelán). 
  12. "Decreto 41/2006, de 21 de febrero, por el que se concede la Medalla de Andalucía a doña Anne Hidalgo." (PDF). Consejería de la Presidencia. ISSN 2253-802X. 
  13. "Real Decreto 213/2015, de 23 de marzo, por el que se concede la Gran Cruz de la Orden del Mérito Civil a las personas de la República Francesa que se citan" (PDF) (en castelán). Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación. ISSN 0212-033X. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


Predecesor:
Jacques Dominati
  
Tenente de alcalde de París
 
2001 - 2014
Sucesor:
Bruno Julliard
Predecesor:
Bertrand Delanoë
  
Alcaldesa de París
 
Dende 2014
Sucesor:
-